"Editores do século XXI" (I), Sara Lloyd
Sara Lloyd, editora de Pan Macmillan, ven publicando no blog da súa editorial diversas anotacións baixo o título de “Manifesto dunha editora para o século XXI”. Por polémicos que algúns lles poidan parecer estes textos prospectivos (poden baixarse no blog Soybits), merecen a maior atención de todos os que nos ocupamos no noble oficio da edición, xa que sinalan algunhas tendencias sobre a evolución do sector internacional.
Citamos algunhas das tendencias que sinala Lloyd, tratando de responder ás pregunta: quen necesita hoxe os libros, quen necesita aos editores?, como terán que evolucionar os editores se queren manter algún papel na cultura da lectura e a escritura do futuro?
Citamos algunhas das tendencias que sinala Lloyd, tratando de responder ás pregunta: quen necesita hoxe os libros, quen necesita aos editores?, como terán que evolucionar os editores se queren manter algún papel na cultura da lectura e a escritura do futuro?
- As vendas en papel impreso descenden. Nos Estados Unidos a competencia lectora e o grao de lectura voluntaria dos mozos de materiais impresos amosan unha tendencia decrecente.
- O tempo de lecer dedícase cada vez menos á lectura de libros e á televisión e máis á rede.
- Internet está mudando a estrutura liñal da cadea do libro [na que o editor sentíase seguro, producindo, almacenando e distribuíndo o seu produto] e comezando a introducir a circularidade da rede. Comézase a propoñer a desintermediación dos editores e o seu papel na distribución.
- Os editores deben pensar menos en produtos e máis en contidos. Os libros terán cada vez bordes máis porosos.
- Os lectores van ter un papel máis protagonista no futuro.
- Os editores terán que convertirse en posibilitadores de lectura e dos procesos relacionados con ela.
- Cómpre atender ao fenómeno da conectividade da lectura dixital.
- A lectura é unha actividade menos pasiva e solitaria do que xeralmente se afirma.
- Os editores terán que proporcionar as ferramentas de interacción e comunicación entorno ao contido dos libros e amosarse activos nos espazos dixitais (blogs, foros dixitais, redes sociais, wikis…) onde os lectores discuten e interactúan co contido. Ese é o fenómeno que podemos denominar “libro en rede” ou o “libro como software social”.
- A cadea de valor desprázase dende o modelo “contido/distribución” a outro que valora só o “contido”
- Aos consumidores de libros impórtalles cada vez menos a marca do editor. Algúns autores son marcas, mais os editores son completamente invisibles para os lectores.
- Os editores terán que abandonar a súa torre de marfil e traballar conxuntamente en plataformas multieditoriais, sobre todo no eido educativo.
- A xeración de nativos dixitais están pasando moi rapidamente da “cultura download” á “cultura upload”. Isto ten importantes efectos sobre a súa concepción da lectura.
- A búsqueda e o acceso á rede serán as claves da nova lectura dixital, as descargas terán un papel irrelevante.
- A pregunta clave é: como lerán en pantalla os lectores do futuro? que papel terán neste contexto, se lle queda algún, os editores do futuro?
O texto de Lloyd é fulcral no debate sobre o futuro da edición. Volveremos sobre el en novas anotacións, nas ue abordaremos a resposta que a editora estadounidense proporciona a última destas preguntas. Recoméndoo moi vivamente a lectura demorada destes dezasete folios que teñen moito contido.
Boa reflexion de esta americana.(despois din k non pensan) ainda k penso k o libro impreso nunca morrerá, eso si muy apoyado po las novas tenoloxias
Gracias por la referencia.
E dá-lhe com o futuro. Isso é o presente. O já que não se quer ver. Ou ainda o ontem que por cá chegará amanhã.
O futuro por lógica de suportes e de conservação, de ampliação cíclica da cadeia de volta cara o universal, será de formatos por ver, mas entre eles o papel.