A destitución de Stoichkov
O despido de Stoichkov chega tarde, xa que os seus partidos na tempada pasada (cinco derrotas consecutivas) abondaron para demostrar que non era o técnico axeitado nin para salvarnos nin para devolvernos a categoría. Pobre Fernando Vázquez!, canto piamos por ti. A decisión desta substitución, con seguridade, tomouse antes do encontro co Xerez (onde o equipo demostrou unha evidente melloría da calidade de xogo), debido a que nestas primeiras xornadas se esfumou o efecto mediático que se pretendeu conseguir coa súa contratación no pasado mes de abril. Demóstrase así que non foron as razóns deportivas as que motivaron a súa chegada e, tampouco, as que provocaron o seu relevo. Stoichkov, un tipo simpático, foi un tigre de papel, amortizado. O Consello de Administración, esta tempada, non quixo asumir riscos que lle provocasen maior impopularidade diante dunha afección, xa moi resignada, que amosa o seu descontento e aborrecemento quedando na casa.
Estamos en tempos de decadencia. Stoichkov foi un fracaso e non creo que o rezador López Caro arranxe nada. O problema, cada vez téñoo máis claro, chámase Carlos Mouriño. Ese o auténtico culpable dos males do Celta.
cANDO SAE Á VENDA O PREMIO XERAIS?
Os libros chegan hoxe ao almacén. Pretendemos colocalos nas librarías na terceira seman deste mes de outubro.
Estaba claro que Stoichkov non contaba para nada. O adestrador era Antonio López, que por certo sabe bastante máis que López Caro. A ver como queda o organigrama técnico porque parece que tamén vai vir Maqueda, outro madridista.
Regateamos uns euros a Gustavo e agora temos a 3 adestradores. Moito patrón…
O do Ramón Martínez non ten nome, parece que os que sobran no Madrid andan procurando trampolíns noutros clubes, ai están o Cádiz, pobre Cádiz! e o Málaga e algún outro por aí…