2010, Ano da Lectura
O conselleiro de Cultura, Roberto Varela Fariña, anunciou onte no acto da homenaxe a Marcos Valcárcel, organizado polo PEN Clube (beizóns para Tosar pola organización e as súas palabras oportunas e valentes), que o Goberno Galego declarará 2010 como «Ano da Lectura» en Galicia.
Un dos poucos compromisos electorais que se pon en marcha. Aledámonos desta medida que dende hai tempo vimos defendendo. A lectura en Galicia precisa un momento de inflexión, un arreón nese esforzo compartido. Agardamos que esta celebración supoña ese pulo necesario.
[Grazas pola foto, tirada da reportaxe de As uvas da solaina.]
Trackbacks y pingbacks
[…] ser unha grande noticia ou unha grande decepción (como nos aconteceu co chamado «Ano da Lectura» que saudamos con ledicia). Polas noticias que apareceron ao longo da xornadas as esperanzas axiña poden esmorecer, xa que a […]
Los comentarios están desactivados.