"Diario de lecturas" de Alberto Manguel
/en Autores, Ensaio, Lectura/por bretemasDesque hai nove anos lin Una historia de la lectura son adicto á prosa erudita de Alberto Manguel. Os libros deste arxentino políglota, cidadán canadiano e escritor inglés residente en Francia, especialmente os que aparecen baixo o rótulo de ensaio, constitúen sempre un convite a gozar e compartir as súas mellores lecturas. Manguel nunca me decepciona nin aburre xa que está sempre disposto a ofrecer a súa experiencia de lector como un xeito de poñer orde e razón no brumoso caos social do mundo contemporáneo. Se hai uns meses falabamos no blog de La biblioteca de noche, onde Manguel nos propoñía unha aventura apaixonante no laberíntico espazo das bibliotecas, hoxe facémolo sobre a reedición ilustrada de Diario de lecturas, preparada por Alianza Editorial, o último libro que rematei estes días, no que narra a súa experiencia dun ano (o 2002) no que releu doce libros que forman parte do seu canon persoal, un por cada mes. Manguel, que escribe e pensa en citas, ofrece neste libro-blog (a súa prosa fragmentaria é característica do noso medio electrónico) unha reflexión sobre a súa experiencia de lector vocaional e compulsivo que para el non é outra cousa que falar da experiencia da propia vida. “Mi experiencia del mundo non me satisface: necesito que la literatura me proponga nuevos mapas, desplace mi punto de vista, me cuente ese mundo con las palabras de otros”. Lendo este prodixioso novo Manguel, cheo de suxestións, de listas, de confianza optimista no poder dos bos libros, non hai dúbida de que non é esaxerado afirmar que “somos o que lemos”. Recoméndoo para comezar de forma venturosa este novo ano.
Mensaxes 2008
/en Efemérides, Persoal/por bretemas- “Matámonos a comprar, padecemos ás familias, temos que ser enxeñosos coas sms… E sobrevivimos. Quen di que o Nadal non é máxico!”
- “Os deuses nunca abandonan aos vellos woodystas. Que teñamos un ano tranquilo.”
- “Abenzoados sexan para vós todos os días de 2008.”
- “Moi ben capeas o vento miña lanchiña.
Manuel Bragado Rodríguez (Vigo, 1959) é mestre, editor e activista cultural. Orientador do CEIP de Laredo e CEIP de Cedeira de Redondela, foi director de Edicións Xerais de Galicia S.A. (1994-2018).
Recomendo
Últimas anotacións
- FIl Guadalaxara4 de Decembro de 2024 - 11:03 a.m.
- Museo de Vigo3 de Decembro de 2024 - 11:13 a.m.
- Apiario27 de Novembro de 2024 - 10:20 a.m.
- A fala de Vigo26 de Novembro de 2024 - 10:32 a.m.
- Karnix celta25 de Novembro de 2024 - 9:30 a.m.