Xerais blog
Dende hai unha semana estamos desenvolvendo unha versión beta do primeiro blog da editorial. A nosa intención é utilizalo como soporte de comunicación de noticias, presentacións e novidades e de participación dos lectores e lectoras. Pretendemos, ademais, utilizar algunhas das utilidades que nos proporciona a ferramenta para publicar algúns monográficos. Unha vez consolidado e mellorado este primeiro modelo, queremos abrir outros blogs especializados no ámbito educativo e de fomento de lectura. Cremos que esta rede de blogs debe ser o eixo da nosa comunicación editorial na rede.
Hoxe lembreime de vostede moito lendo unha cousa. Pregúntelle aí a cabrafanada se sabe algo de The Deal. Se el non o ten, avise, que llo escaneo e llo mando.
algo que dicir do secostro do libro de Isaac Díaz Pardo? dígoo porque creo que as editorias galegas non deberían calar a boca ou vendar os ollos. sería necesario, alomenos, o debate. vamos, digo eu.
¡Genial, Manuel!
Además de Brétemas, seguiré el blog de Xerais.
Saludos.
Martín.
ufff… pero xa hai moitos post nese “novo” blog…
noraboa!!!