Xan Bouzada
Morreu Xan Bouzada, unha persoa dunha peza e o noso sociólogo da cultura. Esta tarde a cerimonia civil do seu pasamento, no que interviron Darío Xohán Cabana e Ricardo Torres Queiruga, foi o derradeiro xesto da súa enteireza moral diante dos seus centos de amigos e amigas desolados pola súa perda. Baixamos do meixueiro sen saber qué dicir. Con todos os abrazos para os seus.
Entérome agora do pasamento de Xan Bouzada, tamén por Comunisfera.
Presentounos Xaime Isla na Penzol, e fumos colegas na Facultade de Comunicación en Pontevedra. Malia que non tiñamos moito trato levábamonos ben.
A verdade é que o sinto. A miña solidariedade tamén cos seus
A vosa dor, amigos, é a miña.
Almiral Mouchez