Xa temos camiseta

Gústame o deseño que fixo Pepe Barro da camiseta da selección. Limpo, xeométrico e con densidade conceptual, como é característico nos traballos do equipo Revision. Creo que é acertada a denominación escollida de “Selección galega”, que obvia conflitos, así como a elección de San Lázaro como terreo de xogo.
Uruguay, que aínda non ten solucionada a súa participación no Mundial de Alemaña, non é mal rival para este primeiro encontro, previsto para o 29 de decembro. Agardo que no cadro charrúa xoguen Cannobio, Recobba ou Diego Forlán.
8 comentarios
  1. Adolfo
    Adolfo Dice:

    Comprendo a adopción dunha políticamente correcta denominación da nosa selección. Mais gañan os que crearon o conflito, os que cuestionaron Galiza como o nome do noso país, aos que lle sobra Galiza (e tamén Galicia), os que nunca moveron nin moverían un dedo pola nosa selección e ningún outro símbolo nacional galego, aferrados á Biblia (perdón, a Constitución Española), os que mentres Florentino Pérez se levaba unha vez máis o capital de Fenosa para terras madrileñas, expresaban desde La Voz a súa preocupación fundamental polo fútbol.

  2. Pepe
    Pepe Dice:

    Moito ruído (“Galiza”) para tan poucas noces (“Selección Galega”).

    A camiseta non é fea, pero non a penso mercar. Antes que vestir de futboleiro preferiría vestir de Armani.

  3. Pepe
    Pepe Dice:

    Continúa do post anterior:

    Aínda a risco de que me acusen de aferrarme á Constitución e de ser partidario de que Florentino Pérez se quedase con Fenosa.

    Aínda a risco de que me acusen de pouco patriota (galego), non a penso mercar. Síntoo moito.

  4. Cesare
    Cesare Dice:

    A primeira vez que a vin pareceume horríbel. Agora, mirada algo máis, non sei se por vivir nunha atmosfera protexida de deseñadores, voulle collendo xeito.

    Mercareina? Claro. Como a do Celta ou como a de Ourense co nome de Currás. Sen patriotismo ningún.

    Paréceme unha patochada que non poña Galicia. Pero visto o visto nos comentarios de Vieiros, ata me alegro.

  5. Iza Roberto
    Iza Roberto Dice:

    Dear administrator:

    Some of our comments above may include links that are no longer valid or that do not have a nofollow value. They might very well lead you today to a third party. Therefore,
    I ask you, if you would be so kind, to please delete or disregard those
    comments.

    Many thanks and best wishes,

    Iza, Roberto Iza

    Muy Señores Míos:

    Algunos de nuestros comentarios incluyen vínculos rotos que bien pudieran llevar hoy a una tercera persona. Por tanto, le rogamos, por favor, que los deseche o desestime.

    Gracias y recuerdos

    Iza, Roberto Iza

Los comentarios están desactivados.