Vai de mar
O luns, a viaxe de volta de Valencia foi bonita bonita. Cando pillei o taxi, que me levou ao aeroporto, souben pola radio do estado adiantado do reconto. Tiven que conterme para non abrazar ao condutor: por fin rematara o desacougo. Enriba das nubes a noitiña é moi luminosa e, canto máis nos achegabamos a Galicia, era máis doado apreixar pola ventá cada unha das raioliñas do tempo novo que conquistamos. Aterrando en Sal lembrei o verso luminoso de Salvador (“Nos teus ollos cargados de horizonte”) citado a primeira hora da tarde por Cristobal, o formidable bibliotecario de Camas, na súa ponencia sobre políticas da lectura.
Os membros da delegación galega xa fóramos moi mimados durante toda a xornada. As palabras de acougo e agarimo foron constantes e o aplauso, que pechou as intervencións de Pilar e Xosé na presentación ao mediodía de Vai de mar (A ilustración galega no século XXI), tan intenso e prolongado, que chegou a emocionarnos a todos. A exposición foi outro motivo de orgullo dun día que non esqueceremos.

Tiven ocasión de falar con Xosé o luns pola noite e parecía bastante contento, aínda que non estou seguro de que fose polos aplausos. 🙂