Un exercicio de autoestima
O debate de onte entre os tres líderes parlamentarios foi un exercicio de autoestima e de querenza nas posibilidades propias do país noso. Primeiro, pola magnífica organización da CRTVG (tanto da TVG como da RG), colocando o debate político galego nun grande nivel de dignidade, ao tempo que sentaba un precedente (xa irreversible) para as próximas eleccións autonómicas e europeas. Segundo, por centrar o debate sobre unha axenda política propiamente galega; así as cuestións do autogoberno, as infraestruturas e as políticas sociais foron as que máis manexaron os tres participantes. Terceiro, polo discurso propositivo e tolerante empregado por todos eles (moi lonxe da “crispación” apupada pola prensa capitalina), o que non impediu que o debate fose vivo e polémico (sobre todo na segunda parte). Cuarto, pola cohesión e lealtade manifestada polos dous membros do Goberno Galego, que souberon defender as posicións do executivo e ao tempo singularizar a súa proposta política. Quinto, pola confianza nas posibilidades do país expresado (coas modulacións que a cadaquén lle son propias) polos tres participantes.
A pesar da rixidez do formato (elixido polos partidos), os setenta e cinco minutos deron moito de si para falar de moitas cousas importantes (e, xeralmente, con sentido e escasa demagoxia), propoñer bastantes medidas e asumir compromisos (o calendario 2012, vaille ser moi recordado a Touriño). Coa excepción das cuestións do financiamento, da dimensión europea e das políticas culturais, abordáronse temas que interesan á cidadanía galega. Foi Quintana (que xogou moi ben a súa única carta posible: a da forza decisiva nun escenario de minoria de Zapatero) o claro vencedor aos puntos, xa que estivo nos catro bloques temáticos a un nivel alto: o de economía –propoñendo o desenvolvemento da economía produtiva galega– foi seu; como os de autogoberno e políticas sociais (onde a esixencia do 10% do presuposto para dependencia foi moi ben argumentado). Feijóo estivo mellor do que agardaba; foi superior aos seus debatentes no bloque das infraestruturas (os argumentos que utilizou, coa excepción do “Plan Galicia, fron convincentes) e o seu golpe de efecto final, amosando o tocho do programa do PPG, foi bo. Touriño defraudou na primeira parte e mellorou moito na segunda, cando se debateu o proceso do fracaso do Estatuto, onde estivo máis contundente e claro do que é adoito.
Vía Calidonia. Grazas.

E agora que non nos ouve ninguén e en frío, que valoración lle merece a foto de Nunca Máis amosada por Quin?
O da foto de Quin foi o verdadeiro golpe de efecto do debate. Funcionou como sorpresa e metáfora visual (da importancia da cidadanía galega en Madrid). Gustoume.
Si, pero isa cidadania, a maioria disa cidadanía, non perteñece ao BNG. Haber si se enteran dunha vez que moitísima xente de esquerdas non lles pertenecemos, podemos vivir pola nosa conta, respirar, facer cultura, facer país, falar galego….sen ser do BNG.
Foi unha maniobra descarada de apropiacion das movilizacions de Nunca Mais.
eu non lle escoitei dicir a Quintana que os da foto eran votantes do BNG, dixo que eran “galegos e galegas” que pedían xustiza e Quintana fai ben en vender ao BNG como a forza que máis vai defender aos galegos.
E claro que foi o golpe de efecto, é o que vai quedar dese debate, xa lle gostaría a Rajoy ou a ZP deixar unha imaxe similar na mente dos españois antes de votar.
Por outra, creo que a maioría da xente sabía dende o primeiro momento de onde xurdía Nunca Máis, na época, 2ª forza galega e 1ª da oposición a Frafa. O que non quita nen impediu que fora amplo e plural, todos menos o PP, como era obvio.
Onte quedou claro que a única forza que realmente se preocupa por Galiza é o BNG, que tanto vota aquí como en Madrid. O resto, unicamente cumpren coa disciplina de partido e esquecen de onde veñen.
O debate aburriu ás ovellas: A foto, extemporánea, hai xa cinco anos do Prestige, a ver se vos baixades del dunha vez. xa sabedes onde rematou o barco….