«Un Día para a Esperanza 2010»
A crise económica e o cambio climático castigan especialmente as poboacións pobres. Calcúlase que hoxe xa hai máis de 1.400 millóns de persoas que sobreviven con menos de 1 euro ao día. O 70% son mulleres. Imaxinades cómo é a vida dunha familia que ten que comer, pagar pola educación e a asistencia médica con só 30 euros ao mes? E aí vai outra pregunta: Como o consegue?
Cada minuto, 100 persoas afúndense na pobreza. Mais… que pasaría se, cada minuto, outras 100 persoas se sumasen á solidariedade? Que poderíamos mudar o mundo! Axudádenos!
En repetidas ocasións, o presidente do Goberno español, José Luis Rodríguez Zapatero, comprometeuse a mellorar a situación dos países empobrecidos. Agora que ocupa a presidencia de quenda da Unión Europea ten a oportunidade e a responsabilidade de buscar solucións eficaces para acabar coa pobreza.
Por iso, hoxe, dende aquí, queremos que nos axudedes a pedirllo. Queremos que, dende a Unión Europea se impulse un plan de rescate dos Obxectivos de Desenvovemento do Milenio, con medidas concretas para chegar ao 0,7, erradicar a fame, e lograr o acceso á saúde e educación para todo o mundo.
En Intermón Oxfam sabemos que os cambios son posibles. Traballando pola XUSTIZA podemos mellorar moitas vidas. E iso é posible grazas ao apoio de persoas como as que estades aquí. Persoas comprometidas e coherentes, que, a pesar da crise, contra vento e marea, seguides ao noso carón, sementando esperanza.
Pero para mudar o mundo temos que ser máis. Axúdanos a que a presidencia española da Unión Europea loite de verdade contra a pobreza. Asinade a nosa petición a Zapatero e sumemos solidaridade. PORQUE HOXE, TODOS XUNTOS, PODEMOS LOGRAR GRANDES CAMBIOS.
Moitas grazas!
Texto do Manifesto que lerei hoxe, á partir das 13:00 horas, na Praza da Princesa de Vigo no seo das actividades da festa da solidariedade «Un Día para a Esperanza» organizada por Intermon Oxfam.
En medio de esta voraxine de tension, de politikeo rastreiro, de intentan desviar a antencion dos problemas serios, muy serios k temos os cidadans. Por fin aparecen esta noticias, e estos feitos k, por o menos a min, me dan algo de esperanza. Noraboba D. Manuel, un acto k lle honra