«Todos certificamos obras sen rematar»!!!
Coñecedes algún país onde o presidente do seu goberno recoñeza en roda de prensa que os seus funcionarios públicos non respectan as leis? Non saio do meu asombro que sexa o presidente do goberno do meu país.
Coñecedes algún país onde o presidente do seu goberno recoñeza en roda de prensa que os seus funcionarios públicos non respectan as leis? Non saio do meu asombro que sexa o presidente do goberno do meu país.
Manuel Bragado Rodríguez (Vigo, 1959) é mestre, editor e activista cultural. Orientador do CEIP de Laredo e CEIP de Cedeira de Redondela, foi director de Edicións Xerais de Galicia S.A. (1994-2018).
A dereita xa aprendeu que pode dicir o que lle pete: confesar que son corruptos, que os xuices demostren que son corruptos, defender normas xenófobas contra quen non use a súa língua ou siga a súa relixión, defender o réxime fascista que nos precedeu, estragar as costas, estragar os nosos sinais de identidade, rirse de nós cando din xuntar no saco da súa mesma ideoloxía xente coma castelao ou rosalía xunto ós reis católicos ou o neoliberalismo financeiro…
E aprenderon que poden dicir o que lles pete porque a xente os sigue a votar, e a esquerda (sobre todo a galega) e o galeguismo seguen tan patéticos e desnortados coma sempre. Ou peor ca nunca, se cadra.
Como se enteren os da UE pedirán a devolución dos cartos…a recurtar máis o orzamento
A verdade, non sei de k se asombra D. Manuel. En este estado español, os politicos estan a facer as leis “a medida”.
Dentro do malo, este caso k comenta Feixóo, non e o peor.Os hai ben mais perxudicais para o pobo
Ten razón A.C. (supoño que non será Antes de Cristo), cando di que no estado español estanse a facer leis “a medida”. Seguimos a estela do Berlusconi. Agora ben, é certo que cousas semellantes fannas alcaldes sociolistos e outros de pelo variado que non vou nomear. As leis están para seren cumpridas polos de abaixo. Os de arriba non teñen leis, e iso trasládano como normal, senón fixádevos nos casos Gurtell, no presidente da deputación de Castellón, etc, etc. E o caso é que, logo, ás xentes votanos e non os botan, como correspondería facer. Unha merda.
Por certo, hoxe Zapatero iniciou a privatización da vixiancia do espazo aéreo. Uló a diferencia?