"To" un conto de Suso de Toro
Recomendo moi vivamente a lectura de “To“, un conto (inédito), a penas catro páxinas, de Suso de Toro, aparecido onte nun dos monográficos de verán da Revista das Letras de Galicia hoxe. Un relato sobre o transo do infarto, no que Suso de Toro volve a reflexionar sobre a identidade, neste caso a través da conciencia dos límites do corpo. Unha escrita explosiva!
Etiquetas: Suso_de_Toro
Recollín a recomendación e acabo de leelo no enlace da Revista das Letras de Galicia Hoxe.
Xenial. Os pensamentos teñen un ritmo moi rápido, como o infarto. É envolvente. Un saúdo.