The White Ravens 2005
Outra noticia da Fiera foi coñecer o Catálogo de The White Ravens 2005, onde aparecen relacionados os famosos corvos brancos cos que a Biblioteca Internacional da Mocidade de Munich distingue cada ano a calidade de libros infantís e xuvenís editados en máis de trinta linguas de cincuenta países. Á lista galega haberá que engadir O brindo de ouro de Xesús Manuel Marcos (Premio Merlín 2005), Bolboretas de Xabier P. Docampo e Xosé Cobas ( omellor libro de 2004 para pawley) e ¿Que contan as ovellas para durmir? de Kiko Dasilva.
Causoume extrañeza que na lista castelán se incluíse El armiño duerme de Xosé Antón Neira Cruz, tradución do orixinal galego (o formidable O armiño dorme), galardonado co Premio Raíña Lupa 2002 e editado en 2003. O seu autor foi o único dos distinguidos galegos que puido recoller en Bologna o catálogo; coincidimos con el fugazmente no estand dos editores cataláns.

Bolboretas é unha auténtica xoia, unha fantástica combinación dun texto fermosísimo cunhas ilustracións máxicas, deslumbrantes. Un luxo.
Por certo, acabo de decatarme de que a ligazón a Kiko Dasilva conduce ao meu blog… aínda haberá quen pense que eu son el!