Teresa Moure en "Gara"

Gara publica unha entrevista con Teresa Moure con motivo do acto de presentación en Bilbao da edición en castelán de Herba moura. As edicións de Lumen en español (da que sabemos xa se está preparando unha segunda edición) e La Campana en catalán están tendo moi boa acollida. Esta vindeira semana, Teresa (que xa rematou a súa terceira novela) continuará as presentacións en Valencia e Sevilla.
Non hai dúbida de que este é outono da literatura galega na edición do estado: catro novelas nosas (das publicadas nestes últimos doce meses), a de Teresa, a de Agustín (xunto a outros dous títulos, formando a primeira entrega da Biblioteca “Los libros de Agustín”, da que xa falaremos devagar), a de Suso e a de Manolo suscitan o interese dos lectores e lectoras en catalán e castelán. Un feito que nunca se producira ata agora e do que estamos ben orgullosos.
Actualización (26-09-2006): hoxe pechamos o acordo coa editorial Corbaccio para a edición de Herba moura en italiano no verán 2007.
6 comentarios
  1. Brétemas
    Brétemas Dice:

    Efectivamente, ademais das obras publicadas orixinalmente en galego por Xerais, hai outras obras da literatura galega no mercado en castelán, especialmente de literatura infantil (sen dúbida unha boa relación). Tamén está tendo moi boa acollida a primeira novela do escritor e guionista vigués Domingo Villar, “Ollos de auga”, protagonizada polo seu detective Caldas. Son consciente que hai moitas outras obras e autores que deberían ser traducidos (non só ás linguas peninsulares). Hoxe este é un dos maiores retos para o chamado “sistema literario galego”. Para afrontalo debemos contar cunha estratexia compartida da que, polo momento, carecemos, na que exista unha forte implicación entre a administración galega e as empresas editoriais privadas.

  2. Brétemas
    Brétemas Dice:

    No meu comentario referinme as obras xa editadas. Como moi ben indica Joan Carles Girbés é inminente a aparición da última novela de Marilar Aleixandre, “Rúa Carbón”, en edición catalana (en Bromera) e en castelán (SM), dúas editoras que están facendo unha importante aposta pola ficción galega. E hai máis contratos de edición asinados para o vindeiro 2007.

  3. jon kortazar dixit
    jon kortazar dixit Dice:

    Teresa Moure (1969) ha publicado una obra de entrañable lectura, Hierba mora, una composición sobre la mirada de tres mujeres sobre el filósofo Descartes. La reina Cristina de Suecia admira su racionalismo. Lo ama Hélène Jans. Lo estudia Inés de Andrade. Cuatro personajes que crean un damero en el que se juega la partida sobre la naturaleza y la condición histórica de la mujer. Teresa Moure ha descrito, por medio de múltiples registros textuales, el afán de independencia y rebeldía de la mujer.

    La sociedad literaria gallega venía demandando una novela de este cariz. Ese horizonte de expectativas puede explicar la recepción de esta obra, galardonada con el Premio Xerais de Novela (2005) y el Premio de la Crítica en lengua gallega (2006).

    La hierba mora del título

    simboliza “a todas las mujeres, tiene una mala fama que en absoluto se corresponde con sus obras”. Llama la atención el carácter constructivo del texto, recreado como un compendio en el que la narrativa mezcla fragmentos que siguen las pautas de herbolarios, recetas, poemas, artículos de revistas olvidadas, cartas, diarios, informes de funcionarios de la Sección Femenina…, riqueza textual que se duplica en las enumeraciones frecuentes. Sin embargo debe subrayarse la voz narradora (“cronista fidelísima”), cuya esencia sensitiva, humorística, irónica y plural resulta ser el verdadero hallazgo creativo de un texto poliforme, aunque puede parecer inconsistente el motivo del manuscrito hallado en un baúl, así como el retrato del director de tesis.

    Narrativamente la composición prefiere los cuadros con una sección final en la que Inés Andrade reivindica el papel de las mujeres en la historia. Su tesis, decide, no versará sobre Descartes, sino sobre las mujeres que supieron leer y escribir, que tuvieron presencia pública y desaparecieron. La sensación de estar ante una construcción se impone también en las secciones de la novela. Pueden responder a la sabida fórmula dialéctica en la que la primera parte corresponde a la tesis racionalista (“ocuparse de las ideas”), la segunda a la antítesis afectiva (“ocuparse de las personas”) y la tercera a una síntesis entre razón y sentimiento, entre Cristina de Suecia y Hélène Jans, con un cruce de cartas que recuerda a un debate sobre la importancia de la razón y de la condición pública. Queda un cuarto personaje: Inés de Andrade, a la que habría que conceder una nueva referencia en el cuadro dialéctico. Representa la metasíntesis: el nexo que anuda los hilos y significativamente subraya la importancia de mujeres comprometidas con su historia (Aniceta Vilamelle, Hélêne Jans) y que se volvieron invisibles.

    Sobre el dualismo en la obra sobrevuela una voluntad de pluralidad. Hélène Jans se niega a contribuir a la creación de una lengua universal, pero su recetario contiene los ingredientes de una suerte de comunicación secreta. De manera que en la claridad en la que se dibuja la arquitectura de la obra caben, como en el personaje de Descartes, refractario a la creación de una lengua universal, consciente después de sus posibilidades, signos contrarios y múltiples de una naturaleza humana que no puede encerrarse en una concepción dual.

  4. Anonymous
    Anonymous Dice:

    Herba moura
    Teresa Moure
    Xerais, Vigo, 2006. 442 páxs., 18 €

    Todos os anos, en canto vexo aparecer a raia do outono, convoco o Premio Rebumbio entre os libros que lin durante o ano. O libro-rebumbio é un cuño que me insinuou a constatación dunha andrómana socioliteraria á que sempre fun neuroticamente sensible: o estrondo, a gran trompetería que arma algún libro, e que vai máis alá das sólitas promocións comerciais e da ocasional animación sectaria de críticos e lectores. Aínda contando con toda esta orquestración, o libro-rebumbio ten un plus de rebumbio, mercé, tamén, á megafonía que puidesen prestar os deuses mediáticos. Pero, con todo, o libro rebumbio gaña un bombo supernumerario que o fai especie distinguida na selva asilveirada das prosas. E non se vaia pensar que no concepto de libro-rebumbio vai agachada capciosamente unha connotación negativa. Non. Pode tratarse dunha obra finalmente boa ou mala, pero por riba do seu coeficiente de calidade, ela arma moito barullo aprobatorio e salvífico. Para que nos fagamos idea, o primeiro libro-rebumbio foi O nome da rosa, do que aínda se escoita unha minguante cacholeira. Empeza a haber críticos que din que nesa novela non hai nada que se poida chamar literatura.

    Dentro do noso capital literario o último libro-rebumbio é Herba moura, de Teresa Moure. Polo que teño lido e oído, esta novela (se se lle quere chamar así) gustoulle a todo o mundo. A min non. Pero como o respecto con que acollo os criterios que non comparto non me alixeiran o complexo de becho raro, vou ver se o exorcizo un pouco pousando aquí as miñas impresións desoladamente singulares. En primeiro vexo nesta obra demasiado material de construción, demasiado andamio, cousa que non se quere disimular en ningún momento. A toda esta laboriosa carpintería dáselle o nome dun labor de agulla, o patchwork. Aí entra de todo: tópicos biográficos sobre Descartes e Cristina de Suecia, textos epistolares, fragmentos de divulgación insípida, receitas herbanxeiras, apuntamentos de Facultade, versos provocadoramente horrísonos, superfluas citas intertextuais de engorde, e mesmo parágrafos de lapidario coma inopinadas pedradas no carreiro do discurso. Menos cociña chinesa, como lle dixo Gimferrer a un escritor novel, neste libro hai de todo. E cada un pode meter nun relato o que lle pete, porque todo cabe (aínda que non todo vale), pero algúns lectores, por suxestión flaubertiana, pensamos que os libros máis fermosos son os que teñen menos materia.

    Toda esta fartura de módulos textuais son gobernados por un narrador en permanente clave irónica ao servizo dunha finalidade temática: o feminismo antihominista. Auspiciada baixo o sarcasmo de expresións como “verídico relato”, “o cronista fidelísimo desta historia” ou “unha crónica veraz coma esta”, unha voz narrativa, algo así coma xinándrica ou machorra (esta perspectiva si que pode ter certa orixinalidade técnica), fai da figura de Descartes un pandeiro. Sei que é pequena a fratría dos cartesianos en Galicia, pero entre os poucos que somos algúns estamos perplexos por esta ociosa redución caricatural dun xenio coma Descartes ao papel de moneco de vudú do feminismo pedáneo. “Diana do feminismo” (p.423), chámaselle peixeiramente ao filósofo, que máis ca un personaxe é un macaco feo, católico e cerebral, en confronto maniqueo con Helena (Hélène), guapa calvinista e sentimental, e que, mira ti, foi persoa da que os biógrafos non conseguiron saber case nada. Para satisfacer o propósito de meter nun libro militante o personaxe dun animal racional en bruto, ben poderían servir como modelo moitos dos nosos contemporáneos, que xa recomendaba Faulkner que se queres ser verdadeiramente universal tes que falar do teu veciño. Pero non se sabe por que prefírese tomar a pasto a vida de Descartes. Por certo, non sei que biografías haberá na base deste relato. Fálase delas porque o falar non ten cancelas, pero custa crer que se teña lido, ben lida, unha soa.

    Descartes é unha personalidade poliédrica, atractiva, deslumbrante, humanísima, na que se recoñece o seu sentido do humor mesmo no primeiro parágrafo do Discurso do método, e ofrecería a calquera escritor que queira metelo en prosas narrativas eiras biográficas e intelectuais de gran magnetismo. Pero, ao meu ver, Moure non tivo o instinto poético (non confundir poético con lírico!) para seleccionar eses elementos da vida do escritor francés que resultarían literariamente máis sabedeiros: momentos da infancia coma os estudos no colexio de La Flèche dos xesuítas, onde un autor con imaxinación podía gozar e facernos gozar; as súas relacións coas sinistras institucións eclesiásticas, e os tribunais do lume, como diría Borges, nun momento histórico no que Europa era unha fogueira de intolerancia, corpos e almas a arder. Pero tampouco se herborizan (habendo tanta herboristería de botica neste escribimento) outros espazos, mesmo os relativos á privacidade do filósofo. Moure ignora o papel das mulleres poeticamente máis importantes na vida de Descartes, desde a nena birolla da súa infancia (que eidos abertos para a imaxinación dun narrador!) até, e sobre todo, Isabel de Bohemia, ao lado da cal Cristina de Suecia é unha anécdota insulsa. Isabel de Bohemia é a muller que máis latexa no fondo das paixóns da alma de Descartes. Por certo, como é posible que un libro tan carencial intelectualmente coma Herba moura non aproveite a substancia do Tratado das paixóns da alma, un libro marabilloso que parece escrito hoxe pola mañá. O único que se fai é practicar a insolencia de reproducir un “fragmento do artículo 211” d’As paixóns da alma, cousa que nin sequera é axustada porque o que se reproduce é un fragmento do art. 211 e mais o art. final (212) nun fundido sen máis pretensión que engordar superfluamente o discurso. O resto do precioso contido do Tratado seica ficou sen ler: reflexións sobre o amor, o afecto, o desexo, a envexa, o odio…, que poderían ser “revisadas” en función dos modos e modas existenciais dos nosos días. Pero quedaron na cesta das ignorancias, ou “van na herba”, como se diría en modismo patrimonial que se presta ao xogo de contigüidade co título do libro.

    Aínda queda algo que dicir da escritura de Moure. Da escritura como estilo. Pero para empezar, fique aquí epifonematicamente a miña perplexidade non só por atopar un libro tan mellorable, senón polo seu rebumbio, que neste caso cadra co silencio de cordeiros, de años e de anos de tantos caladiños.

Los comentarios están desactivados.