Tempo de Samaín

Rafael López Loureiro, autor de Samaín, a festa das caliveiras , e animador da recuperación do Samaín na vila de Cedeira, xa demostrou hai tempo o carácter galego desta festa que, moitas veces asociada ás de Santos e Defuntos, existía por todo o noso país ata hai menos de trinta anos.
Recuperar ou reinventar esta tradición do Samaín, desde os centros escolares de primaria e secundaria, pode ser unha boa estratexia educativa para defender un patrimonio inmaterial que todos debemos conservar e mimar.
Festexemos neste tempo de Samaín a fadas, trasnos e o resto de seres dos nosos seres míticos, exaltemos a nosa terra farturenta en humildes cabazas, tallemos con elas caveiras e acendamos candeas para tratar de escorrentar a tantos demos e bruxas que nos axexan.

31 comentarios
  1. gardalivros
    gardalivros Dice:

    A singradura do Samain en Cedeira- hai agora 17 anos- foi a actualización e apropiación do que se viña facendo toda a vida, a vella habelencia de tallar cabazas e melóns que aprendimos dos avós cando nenos.
    Os amigos da Sociedade Cultural Chirlateira (editora da revista Olláparo) tirou partido das pescudas histórico-etnográficas de Calel recollidas posteriormente no seu livro “Samaín, a festa das caliveiras” e do seu dinamismo e coñecemento na didáctica escolar -mágoa cos seus cartafoles non teñan mais difusión xa que ao valor pedagóxico hai que sumar o seu valor plástico.

  2. Anonymous
    Anonymous Dice:

    Non. Retrousar o “para entendérmonos” é non entender. Do mesmo xeito cas ruadas de Cigarrons e Peliqueiros non son os sambódromos en São Paulo e non por iso os igualamos, nen por iso rexeitamos o que nos é común, ese sustrato, “para entendérmonos”, que tamén é de noso.E na recuperación concreta que comandou Loureiro entre outros hai de todo menos consumismo urbano. Porque esta festa das cabaceiras tenche raizames moi fondas, moi da tribu.

  3. Anonymous
    Anonymous Dice:

    Eso de que non hai consumismo urbano (acaso Cedeira non é unha urbe?) no Samaín sí que é non entender nada do mundo. Pode ser, admito, que para mín a tribu fique demasiado lonxe.
    Nota: as raizames poden ser moi fondas, pero son raizames e sonche todas moi parecidas. O distinto precisamente son o tronco, as ponlas e as follas das árbores.

  4. Anonymous
    Anonymous Dice:

    Faise a comparanza fácil e non se repara no valor, na metáfora…O Samain tal e como se pariu non se basea no consumo, mais na reclicaxe e criatividade participada (nenos,xoves e vellos)… hai galegos ao outro lado?.É de supor que cando se fai a comparanza se sabe canto menos do que se está a falar.Onde é que se di que non hai consumismo urbano?Outra cousa é dicir co Halloween- e esa é a imaxe participada que se ten dela e se extende ao Samaín- eche un invento urbano baseado no consumo, e isto nen é mao nen bo, é unha evidéncia como tamén o é que se deturpou. O mesmo se podería dicir do Antroido,o Nadal,etc.Convídote a consultar as unidades didácticas do Rafael Loureiro ou o seu livro.Chámalle ramificacións,sustrato preindoeuropeu, aldea global ou vidrocolorido. Cando non se fan pescudas atraveso da vella práctica de pregunta,dinse boutades e todo fica máis lindo, non si? Asín, Cedeira pasa a ser metropolitana e a tribu lonxe de máis.
    Hai que escoitar máis música !!

  5. o reciclaxe creativo participado
    o reciclaxe creativo participado Dice:

    O terrible paradoxo é que gracias ó Halloween (consumista e americano por imaxinario) os habitantes da cidade poderán estar orgullosos de recuperar unha tradición anterga, galega cen por cen. En Centroxogo venden estes días ducias de disfraces para estas datas, feitos en China, cos que os rapaces, de cidade, celebrarán o Halloween/ Samaín. E, ollo, son galegos. E están ao outro lado.
    E sí: hai que escoitar música, pero non a que me digan. A do Sambódromo non está mal. Nada mal.

  6. Mario
    Mario Dice:

    Dubido moito de que a xente que merca eses disfraces made-in-taiwan pretendan estar orgullosos de recuperar unha tradición galega, penso que nen pola cabeza se lles pasa. Chamádeme idealista, pero non mo creo, e en Cedeira nunca os vin nen escoitei o treat or trick. Eu creo que se está a confundir a invasión cultural americana cunha festa popular máis. É Galiza o único sitio onde se venden eses disfraces?, que tal unha volta polo Toys’R Us de Murcia? Ademais, que ten de mau o Samaín que non teña a festa dos fachos ou a festa da virxe do Carme? Que se parece a outra cousa? Creo que é demais para falar de mercantilización, polo menos mentres non se meta Estrella Galicia de por medio (non o vou dicir moi alto) como fixo co Festival Celta de Ortigueira, outra festa popular convertida na versión adorro galicia do FIB Heineken. O mesmo alcalde que lle fai publicidade con Pocholo é o fillo do que lles facía a vida imposíbel aos organizadores nas primeiras edicións.
    Por certo, Cedeira non é urbe, é unha vila e ben fermosa. E ademais, nas aldeas tamén hai televisión e internet, e os papás teñen carro para ir a polos disfraces. E tamén hai habitantes de cidade que celebran a festa das cabazas sen trangalladas de fóra. Eu penso que máis que de medio social é unha cuestión de consciencia. O Samaín celébrase, en boa parte “contra Halloween”, e por min que siga.

  7. Anonymous
    Anonymous Dice:

    Trangalladas de fóra para un de cidade é tanto o Samaín coma o Halloween. Hai que recoñecer que, desde un punto de vista xeográfico, un máis de fóra ca outro.
    A consciencia ten que estar tranquila. Se é por eso, que o Samaín siga en contra do Halloween. Eso desde logo non vai variar a progresiva incorporación (malgré nous/vous) do Halloween na cultura galega. Véxase hoxe La Voz de Galicia, cuaderniño central.

  8. Anonymous
    Anonymous Dice:

    home si, claro que desde esa perspectiva tamén foron trangalladas de fóra os dereito de reunión e o de liberdade de prensa no 78. ademais, foda a quen foder, hai moita xente da cidade que asume o Samaín como parte da súa cultura nacional. serán caralladas, claro, que a nación é un constructo artificial e toda esa hostia, pero xente que o sinte así haina. do halloween eu non creo que ninguén saque sentimentos de pertenza nacional. claro que (malgré nous/vous) todo chegará.

  9. Anonymous
    Anonymous Dice:

    Xa tardaba en saír o da cultura nacional e o dos sentimentos de pertenza nacional. Para que despois digan que non temos conciencia de nós. Viva o Samaín, manque pierda.

  10. Mario
    Mario Dice:

    Ben está que se recupere unha festa que foi proibida só por ser galega e só por iso non creo que se deba identificar co Halloween. Fraco favor se lle fai á festa e á xente que traballou para que non se perdese a tradición. Hai moitísimas outras cousas que facemos a diario que son indisociábeis da cultura norteamericana, e a ninguén se lle ocorre denuncialo para que se deixen de facer (a música, a comida, a relación cos medios de comunicación…). Que o Samaín leve pagando nas súas carnes un “parecido de familia” cunha celebración imperialista (que nalgún momento tamén foi popular)paréceme sumamente inxusto. Os sentimentos de pertenza nacional son aparte, eu considero a festa parte da nosa riqueza cultural, como mil outras que hai, pero tampouco é que se me inflame o peito coas cabazas. Claro que haberá a quen si.

  11. Anonymous
    Anonymous Dice:

    Eu creo que todo o que pasa é por sérmonos galegos. En Euskal-Herria a ninguén se lle ocorreu nunca comezar a dicir que o Olentzero era parte da invasión ianqui de Santa Claus. Recuperaron unha tradición perdida e está aí, despois podes ser máis friki de Olentzero ou menos pero ningún vasco che vai dicir que fas apoloxía da cultura norteamericana por levarlle os nenos a Olentzero. Quen ten ese discurso son precisamente os españolistas que negan as diferencias culturais cun afán uniformizador. O que pasa é que un galego non pode ficar parado mentres outro levanta unha casa, sempre ten que ver se lle pode virar un muro, ou se pode aproveitar que está ocupado para comerlle douscentos metros de leira. Só polo traballo de recuperación cultural e polos esforzos que se fixeron debíamos estar orgullosos da festa e deixarnos de comparacións fáciles e sen ningunha base máis que unha mala análise previa. Se alguén non gosta é libre de non ir, ese tipo de eventos nacen e morren por adhesión popular.

  12. Pablo
    Pablo Dice:

    Paréceme moi ben a iniciativa. O que non me gusta nada é o nome, Samaín, seguro que en Galicia tiñamos outro nome ou, simplemente, o día dos defuntos. Por que temos que importar unha palabra irlandesa?
    É certo que a orixe remota desta tradición está nos celtas de Irlanda, e que a adaptación cristiá foi espallada por toda Europa, pero o Samaín mesmo, non creo que sexa unha festa galega.
    Samhain é unha palabra do gaélico irlandés que significa “fin do verán”, e actualmente utilízase para chamar en irlandés a todo o mes de Novembro.
    Parece que ademáis os galegos somos máis papistas que o papa porque levo 3 anos en Irlanda non sei se escoitei a alguén dicir Samhain en lugar de Halloween que, ademáis, celébrase aqui na versión máis americana imaxinable.
    Por certo, xa que importamos a palabra Samhain, importémola bem, pronúnciase algo así como “Sáfon”.

  13. Anonymous
    Anonymous Dice:

    Vexo que se Samaín se adaptou así debe ser unha palabra antiga, senón conservaríase a forma escrita Samhain. Non teño datos que o confirmen, pero extráñame que se adaptase a grafía en galego. En calquera caso “festa das caliveras” parece a denominación popular.

  14. cedeirés
    cedeirés Dice:

    Hai mais festas de orixe prerromana que se conservaron (algunhas ocultas en rituais presuntamente cristiáns), claro que só se fala do Samaín porque se montou este cristo. Cando se intentou recuperar sabíase da existencia de Halloween, mas se pensaba mais nas últimas celebracións (antes de que a proibisen no franquismo). Non creo que ninguén pensase en Halloween, así como na festa dos fachos, só se pensou na memoria do pobo e na recuperación dunha tradición propia.

  15. Anonymous
    Anonymous Dice:

    triste triste, pero se quitamos esas dúas palabras o home ten razón e todo. o peor de este país somos nós mesmos e o noso autoodio. mesmo todos eses que se espantan das palabras non deixan de ser nacionalistas frustrados, queimados, ou intelectualizados que agora critican desde a barreira. como dixo castelao: se queredes traballar hai sitio para todos, e se non deixade traballar aos demais. olentzero e samaín, amigos para siempre!!! olentzero askatu!!!

  16. Casdeiro
    Casdeiro Dice:

    Aplaudo todo o que teña que ver coa recuperación desta tradición, pero o que non me cadra é esa teima por adaptarmos a escrita gaélica e non a pronuncia. Ti dille “sa-ma-ín” a un irlandés a ver que cara che pon ou sabe do que lle estás a falar? Se quixeras adaptar ao galego o nome Sean, usarías “se-an” ou “xon”? Cando adaptamos football ou leader, fixémolo como “fo-ot-bal” e “le-a-der” ou como fút(e)bol e líder? Pois daquela busquemos algo máis axeitado como Xahun.

  17. Casdeiro
    Casdeiro Dice:

    Por certo, por que festa fas caveiras? Polo que eu teño lido sobre o asunto, o de usaren caveiras é relativamente recente mesmo en Eire, polo tanto non creo que nos tempos castrexos se empregasen… Polo que parece ao primeiro usábanse as cacholas grandes dos nabos, para as baleirar e lles facer caras, cousa que aínda facía miña nai na aldea nos anos 50-60, aínda que durante todo o ano e non só durante Santos.

  18. Anonymous
    Anonymous Dice:

    ¡Cómo non me din de conta!: faltaba autoodio. O que sí é novo é o de nacionalistas frustrados, queimados. Nin siquera se pode ser non nacionalista. A mín esto recórdame os ataques contra os ateos e agnósticos: “en algo tes que crer, non?”. Pois, non.

  19. Anonymous
    Anonymous Dice:

    Cando chegue o Nadal, supoño que haberá a mesma polémica. O Nadal é unha festa tradicional, moi galega, de sempre. Claro que non é prerromana, que é a época fetén para o nacionalismo, pero tamén ten raigames. Non sei se neste caso, tamén sairá o de deturpación da festa por mor do consumismo.
    En todo caso, voume para as san lucas. Esa sí que é feira.

  20. Anonymous
    Anonymous Dice:

    Xa están aquí os raicais de sempre!!
    Se buscades unha festa enxebre galega nisto, ides de puto cu. Esta celebración, precisamente por ser tan antiga, é unha das cousas que nos unen a todos os europeos. Xa temos bastantes outras que nos separan, por exemplo, o ignorante que deu unha cita falsa de castelao.
    E o que traduciu o de samain quedoulle a cabeza descansada. Como se non tivesemos palabras para nomear as nosas propias festas.

  21. Anonymous
    Anonymous Dice:

    Aver, de radicais nada, e de festa enxebre galega menos. Quen saca eses conceptos á luz debe ser porque lle obsesionan, e non é o caso. Eu creo que a xente ten dereito a celebrar o que queira e a sentirse como queira. Se quere ver niso un ponte de unión con Irlanda ou con certo celtismo, que todos sabemos é unha construcción cultural, é moi libre de o facer. E se lle quere chamar Samaín tamén, que se todo o mundo pasa das normas do galego , máis o ha de facer das do gaélico. O que non entendo é porque molesta tanto e se pretende boicotear. Non sei a quen fago dano tallando unha cabaza, un nabo ou que fose como fixeron os meus avós e non sei a quen lle teño que dar conta ou explicar que non é o Halloween. Nin eu nin as miles de persoas que han de facer sentimos que estamos a celebrar o Halloween. E non son eses nacionalistas fetén os que o impiden, senón eses que intentan impoñer precisamente que non cren en nada. Se non cren en nada, por que lles molesta tanto? Eu non creo en nada, pero gosto da festa e pásoo ben e levo os nenos e non lle facemos mal a ninguén, nin a persoas, nin a animais.
    Unión con Europa? Entenderedes, meus amigos, que haxa cousas que nos unen con Europa, das que non goste e que con algúns paises non queira ter moito que ver en determinados aspectos. E tamén entenderedes que a riqueza de Europa baséase na súa diversidade. Que haxa unha variante do Halloween irlandés en Galiza paréceme sinxelamente precioso, e aos irlandeses, e mesmo aos eslovenos, seguro que tamén llelo há de parecer. O que non acabo de entender é que haxa galegos aos que non. Por iso puxen o exemplo do Olentzero, porque noutros pobos si que souberon recuperar xuntos vellas tradicións e convertilas nun valor cultural, namentres que aquí non facemos máis que poñernos obstáculos os uns aos outros. Tanta historia co Samaín cando na Coruña se celebran touradas todos os anos e seguro que todos están caladiños coma petos. E a tourada si que é trangallada de fóra e si que fai dano a algo ou alguén, o que non quita que haxa moitos que a sintan como propia.

  22. Anonymous
    Anonymous Dice:

    Home, amigo, eu impoñendo Halloweens non me vexo.
    A mín nin o Halloween nin o Samaín me importa o máis mínimo (e, ollo, son galego). Pero por eso mesmo non intento impoñer a ninguén nin boicots nin “fantasías animadas de ayer y de hoy”. O imponente é que hai dez anos nin Dios falaba do Samaín aquí en Vigo, e agora as miñas fillas veñen cunha mestura de Samaín/Halloween da escola. Non sei se está ben ou non. Pero eche o que hai.
    Hai, pois, galegos ós que non lles gusta o Samaín. Hainos, seguro, e non son menos galegos por eso. Eso é o que quero dicir.

  23. Brétemas
    Brétemas Dice:

    Seguín con moito interese o debate que suscitou o meu comentario bastante inocente. Non creo que o problema radique no posible carácter “galego” ou non da festa; nin tampouco nas súas coincidencias co Halloween estadounidense.
    O pasado ano publiquei un comentario sobre a festa das caliveiras que entendo pode axudar a entender a miña posición sobre este debate.
    Por outra banda, moito agradezo o ton rigoroso e as múltiples propostas novidosas que se veñen facendo.

  24. Anonymous
    Anonymous Dice:

    Magosto e Samaín teñen o mesmo rostro. Para todos os que discrepades ou estades da cordo coas tradicións,velahí o noso magosto.

    Faise o magosto
    polos difuntos
    nenos e mozos
    troulean xuntos.

    Douradolume
    arde no lar
    e as castañas
    póñense a asar.

    Polo serán
    ao son dos pandeiros
    bailan as nenas
    polos rueiros
    soan cantigas
    e nas lareiras
    contanse historias
    de caveiras.

    A santa compaña
    pasou pola aldea
    amortallada
    en farrapos de néboa.

    Polo magosto
    chove e ventea
    ven a sarabia
    e repeniquea.

    Douradas lapas
    prenden no lar
    e as castañas
    póñense a asar.

Los comentarios están desactivados.