Taxes e Varela Buxán
Hoxe recibimos os orixinais das edicións das obras teatrais completas de Manuel Varela Buxán e Francisco Taxes, que publicaremos dentro da colección BLG dirixida por Ramón Nicolás. Penso que estas dúas edicións de dous importantes autores da nosa dramaturxia do vinte van constituír un fito, tanto polo feito da fixación definitiva dos textos como polo material documental e biográfico que as acompañan. A de Varela Buxán foi preparada por Xosé Luna e a de Taxes (que inclúe dúas pezas inéditas) polo seu fillo Xurxo Taxes Díaz. Agardamos telas publicadas antes do remate deste ano.
Etiquetas: Teatro
“O ferreiro de Santán” ben merece o agarimo da súa edición: cántas vocacións teatrais encetaron coas súas verbas apaixoadas! Noraboa.