Talantes e talentos
Esta mañá, como tantos outros, recibín o famoso arquivo onde se amosa o talante “agarimoso” do presidente cun dos seus máis estreitos colaboradores (vaia papelón!, e por riba ter que xustificalo despois). Miña nai, que nunca simpatizou co PP, explicoume con perspicacia o incidente da chaqueta: “que lle queres?, esas son cousas de vellos egoístas; o que non comprendo é como os do PP volven presentalo para presidente”.
Diante de semellantes comportamentos e doutras barbaridades peores, os responsables da campaña do PP están tratando de reducir o mínimo as súas intervencións (apenas uns poucos minutos en cada mitin) e as dos seus escudeiros, en detrimento do protagonismo abrumador de Rajoy e de Núñez Feijoó (o auténtico primeiro candidato, presente en todos os foros e moi duro de roer). É un feito inédito que Fraga presentase nesta campaña un ton moi baixo e unha anemia de entusiasmo, que non lle era propia. A súa foi unha presenza patética (demacrado e triste) que amosa, mellor cos seus enfados, un retroceso político xa, dificilmente, evitable. O músico e o Gladiador (sexan cales fosen as coalicións nas que pretendan participar) erraron o seu cálculo, tan presuntamente arteiro, vencellando o seu futuro con quen vai ser despedido pola cidadanía.
O mellor desta campaña foi, sen dúbida, o talento de Quin. Discreto, elegante, rigoroso, prudente, sincero amosou vontade e capacidade suficiente para abrir un tempo novo. Convenceume. Votareino.

A min tamen me convenceu, sangue nova con impetu, adesexos e anhelos de darlle un pulo a nosa terra…
Xa vivimos como traballan por Galicia os demais, e non fixeron anda por nos, demoslle unha oportunidade o arbore novo, Anxo representa as ilusión dos xovenes, xa xabemos o que representa o que segue amarrado o cargo 16 anos despois…
Concordo e volvo ao rego que abandonara nas xerais e no que levaba dende os 18.
Desta vai!!!!!!!!!!!!!!!
Sobre a anécdota de don Manuel: dame mágoa que a SER chegara a este punto carroñero. Din na súa páxina:
Antena 3 se ha puesto en contacto con la SER para aclarar que esa cadena de televisión no ha difundido las citadas imágenes y, por tanto, se trataría de “imágenes robadas“.
La Cadena SER ha tomado la decisión de difundir el contenido de este video por su indudable interés informativo.
“¡Indudable interés informativo!”. Deixémolo en indudable interés… cotillesco ou voyeuresco. O estilo da prensa rosa/amarela, gran hermano, etc, que o empapa todo últimamente. Decepcionante que a SER se suba ó carro. Roubando imaxes privadas, ademáis.
(Para evitar prexuizos: escoito a SER de sempre e non votei ó PP xamais).