Onte 439: Touriño en castelán
Vergonza allea sentín escoitando falar en castelán a Emilio Pérez Touriño na entrevista que Fernanda Tabarés lle fixo en V Television con motivo da aparición do seu libro de memorias (en galego). Quedei abraiado comprobando que ao longo de case unha hora non só non empregou o galego en ocasión ningunha, senón que ademais utilizaba decote topónimos deturpados («Orense», «Carballino») ou chamaba a Beiras por «José Manuel». Incrible. POlo demais, os contidos da entrevista non mereceron grande interese, xa que semellaban apenas un axuste de contas cos seus compañeiros de partido e de coalición. Pareceume un espectáculo patético, impropio de quen foi presidente da Xunta de Galicia. Mais tamén un síntoma da debacle moral e política que padece o partido socialista (tamén en Galicia).