Onte 1590: Tren atlántico
Lin onte na Voz a proposta do sindicato ferroviario de UGT de unificar en Vigo Urzaiz todas as frecuencias do tren atlántico, tanto as de velocidade alta, que hoxe empregan Urzaiz, como as de cercanías que chegan e saen de Guixar. Unha medida que requeriría un investimento de 5 millóns de euros necesarios para electrificar a vía dende Vilagarcía a Escravitude, ao tempo que reduciría a duración da viaxe dos servizos de cercanías, que abandonarían a utilización do gasoil. Unha proposta que parece razoable, xa que evitaría os trastornos que sufrimos os usuarios de ambos os dous servizos. Como para min é imprescindible reclamar a creación dunha frecuencia nocturna que saía de ambos os dous extremos, Urzaiz e San Cristobo, arredor das 10:30 da noite, o que nos permitiría a moitos abandonar a utilización do vehículo privado. Valoramos as melloras do servizo do tren atlántico, a súa rapidez e comodidade, mais sabemos que aínda precisa destes axustes.