Onte 892: Serviterra horta urbana
Acompañamos a Isa e María na inauguración da súa tenda de Eugenio Kraff, a rúa en lembranza do editor vigués de comezos de século, situada preto do estadio de Balaídos. Tras cinco anos especializadas na prestación de servizos de calidade nos eidos da enxeñaría técnica forestal, traballos vitivinícolas, xardinería e programas de educación ambiental, agora ofrecen en Vigo un servizo moi innovador para aquelas persoas que queiran facer cultivos de horta na súa propia casa (cociñas, terrazas, xardíns…). Isa e María pensan que se as hortas se usaban no neolítico cando se sementaban pequenas extensións ao redor das vivendas, por que non empregar as modernas técnicas de cultivo nas cidades do século XXI? Con esta intención montaron unha tenda na que se poden mercar mesas de cultivo, soportes de xardinería vertical, macetas biodegradables, plantas e sementes ecolóxicas, substrato, abono, material de rego, ferramentas pequena e outros accesorios. Ademais ofrecen asesoramento técnico e formación, con atención a centros escolares. Un proxecto ben concibido que merece todo o noso apoio. Longa e venturosa travesía!