Figo compra Leya, o maior grupo editorial portugués?
Segundo lemos no blog do Jornal das Letras, o futbolista Luis Figo convertirase proximamente no accionista maioritario do Grupo Leya, o conglomerado editorial máis importante de Portugal, do que forman parte editoras como Dom Quixote, Caminho, Asa, Oficina do Livro ou Teorema. O internacional portugués pretende crear unha colección dedicada especificamente ao deporte e negociar un acordo co Gil Vicente Futebol Clube (o equipo de Barcelos) para que os seus xogadores leven nas camisetas imaxes das novidades literarias do grupo. É coñecido o interese pola literatura do exfutbolista do Sporting de Lisboa, Barcelona e Real Madrid, hoxe no Inter de Milán. O propio Saramago ten dito que el como autor se consideraba «o Figo da literatura». Figo abre un novo vieiro nas relacións entre o fútbol e a edición? Quen podería protagonizar un caso semellante entre nós? A pesar do atractivo da nova portuguesa, teño dúbidas de que isto non sexa tamén unha brincadeira tan boa coma de Berto.
😉
Vía: Booktailors