[Diego Ameixeiras, autor de «Todo OK»]
Listado de la etiqueta: diego_ameixeiras
Onte 512: Feijoo con Ameixeiras
/en Autores, Narrativa, Novidades, Onte, Presentacións, Xerais/por bretemas
A pesar doutro serán de intenso ballón, un bo grupiño de xente reuniuse na Libraría Paz de Pontevedra para presenciar a conversa sobre Todo OK entre o seu autor, Diego Ameixeiras, e Pedro Feijoo. Antes do diálogo entre os dous narradores, o autor d’ Os fillos do mar pronunciou unhas palabras nas que percorrendo o catálogo do novelista ourensán expresou as razóns polas que «Queremos a Diego».
Comezou Feijoo salientando que «queremos a Diego porque, como membros dun sistema literario ameazado de sobrevivir Baixo mínimos, o seu é o mellor exemplo dun escritor novo e excelentemente dotado como narrador, ao tempo clásico e moderno, capaz de crear un universo literario propio onde se dá feliz encontro entre o autor e o seu público, un público capaz de esgotar unha edición completa en menos dun mes». Continuou lembrando que «malia ás veces pecar ese sistema noso de non ter máis ca Tres segundos de memoria, cómpre non esquecer que estamos a falar dun autor con sete títulos xa ás súas costas, e avalado por diferentes premios e recoñecementos, entre eles todo un Premio Xerais de Novela, aí é nada».
Feijoo sinalou, logo, que «queremos a Diego porque os lectores e lectoras devecemos polo seu xeito de narrar, claro, directo, parágrafos descarnados e diálogos sen ambaxes, rápidos e duros. Si, sabemos que ninguén coma el nos vai responder cando lle digamos “Diego, Dime algo sucio”». Non esqueceu Feijoo subliñar a achega de Ameixeiras na modernización dun «xénero tan arraigado na nosa narrativa como é o da novela negra, o que supón non pouca responsabilidade, por certo, que aí nos contemplan os Reigosa, os Jaureguízar, os Rivas…». Rematou a súa primeira intervención Feijoo confesando que «se en Galiza aínda se pode falar de xeracións literarias, eu quero formar parte daquela da que forme parte Diego».
Onte 504: Todo OK con Ameixeiras
/en Autores, Narrativa, Onte, Presentacións, Xerais/por bretemas
No serán de onte, o xornalista Fran P. Lorenzo conversou durante case unha hora con Diego Ameixeiras sobre Todo OK. Presentábase así na Libraría Couceiro de Compostela a sétima novela do narrador ourensán, coincidindo coa reedición de tres das súas obras anteriores, a segunda de Baixo mínimos, coa que debutou en 2004 e na que creou ao detective Horacio Dopico, a terceira edición de Tres segundos de memoria, coa que obtivera o Premios Xerais en 2006, e a cuarta de Asasinato no Consello Nacional, desta volta prologada por Xosé Manuel Beiras. Antes de comezar a conversa, Fran P. Lorenzo definiu Todo OK como “unha reflexión sobre a xustiza, a verdade e os medos profundos da sociedade actual encarnados nun personaxe da forza de Inés Landeira, A Coxa, acompañándoo no seu desconcerto no devalar da vida”. Salientou despois a economía expresiva incrible da escrita da novela, “sendo moi difícil chegar a ese punto no que se logra a esencia dun relato artellado sobre unhas tramas mínimas e uns personaxes moi potentes”.
A conversa comezou sobre a forza do personaxe de Inés, a protagonista da novela. Diego confesou que quixo que o personaxe principal da novela fose unha muller, sendo consciente que “dentro do xénero da novela negra non se lle fixo demasiada xustiza ao pepel da muller”. Salientou que “Inés ten unha enfermidade, vive unha situación familiar límite e busca unha solución para evitar entrar na cadea. Pretendín que o personaxe non fose tratado con ningún tipo de diferenza se fose un home”. Despois Lorenzo e Ameixeiras abordaron a utilización dos tópicos da novela negra. Para Diego “a posibilidade de etiquetar unha novela como negra non é relevante á hora de comezar a escribir unha novela”, porén recoñeceu que “teño sempre a obriga de intentar que o meu seguinte libro sexa mellor co anterior”. “As miñas primeiras novelas, as protagonizadas polo detective Horacio Dopico, especialmente a primeira, Baixo mínimos, agora reeditada e escrita en 2002, considéroas de aprendizaxe, mesmo un axuste de contas con moitas novelas negras que lera daquela, como me comentou Andreu Martín, un dos mestres da novela negra europea, que el fixera. Unha vez que te liberas dos tópicos e convencións do xénero, vas procurando os teus propios camiños. É o que intentei e intento facer dende entón”.
Proseguiu a conversa, preguntando Lorenzo sobre se os diálogos da novela, moi cribeis e nada banais, podían ter que ver co coñecemento de Ameixeiras do medio audiovisual, así como sobre o exercicio tan complexo de “expresar o máximo co mínimo”. Diego recoñeceu que non “podía negar a influencia do medio na escrita dos diálogos”. “Pretendín que toda a información se achegase por medio dos diálogos. Estou convencido -dixo- que es mellor escritor polo que calas que polo que escribes. Cómpre deixar espazo á intervención do lector. Ademais, para o escritor é moi importante escoitar como fala a xente. Como buscar a esencia do que queres dicir con poucas palabras. Isto para min é clave”.
Finalizou a conversa, abordando a cuestión dos nexos existentes entre a novela negra e a actualidade. Diego recoñeceu que “quixen sempre que esta novela tivese unha dimensión tráxica, mais que non existise unha liña divisoria entre o que está ben e o que está mal”. Por último, adiantou a primicia de que rematara unha primeira versión da próxima novela na que introducirá “temas de moita actualidade como o dos bancos”.
«Asasinato no Consello Nacional», booktrailer
/en Book_trailer, Narrativa, Promoción do libro, Publicidade, Vídeos, Xerais/por bretemas[kml_flashembed movie="http://www.youtube.com/v/ZGHPUxRISnQ" width="740" height="448" wmode="transparent" /]
Booktrailer de promoción da novela Asasinato no Consello Nacional de Diego Ameixeiras, editada orixinalmente ne lingua galega por Edicións Xerais de Galicia.
A peza audiovisual foi deseñada e montada por David Rodríguez.

Manuel Bragado Rodríguez (Vigo, 1959) é mestre, editor e activista cultural. Orientador do CEIP de Laredo e CEIP de Cedeira de Redondela, foi director de Edicións Xerais de Galicia S.A. (1994-2018).
Recomendo
Últimas anotacións
Liñas de galego3 de Decembro de 2025 - 9:30 a.m.
Marconi nas Rías Baixas2 de Decembro de 2025 - 5:45 p.m.
Entrevista en Biosbardia2 de Decembro de 2025 - 5:32 p.m.
Dous días negros1 de Decembro de 2025 - 9:19 a.m.
Entropía26 de Novembro de 2025 - 10:53 a.m.


