Onte 1628: Día da Terra Palestina
Onte foi o Día da Terra Palestina, unha data na que os palestinos de Israel e dos territorios ocupados reivindican os dereitos lexítimos do seu pobo, que continúa sendo sometido a un réxime de Apartheid e de roubo das súas terras (estimada xa nas 800.000 hectáreas) por parte de Israel. Unha efeméride que lembra a folga xeral da sociedade palestina do 30 de marzo de 1976, convocada para protestar polo continúo roubo das súas terras, onde morreron seis rapaces nunha manifestación. O de Palestina é un muro da vergonza que levou a esquecer á comunidade internacional algo tan sinxelo como que a solución do conflito está na creación de dous estados que respecten as fronteiras de 1967. Cando o recoñecerá efectivamente a comunidade internacional?