Onte 1353: Juan Rof Codina
Presentamos onte no Colexio Oficial de Veterinarios da Coruña o libro de Diego Conde Gómez sobre Juan Rof Codina, o gran reformador da gandaría galega do século XX. Froito dunha tese de doutoramento e dunha investigación de máis dunha década, esta biografía profesional contribúe a entender a memoria da profesión veterinaria en Galicia e o inicio do proceso de modernización do sector gandeiro iniciado hai un século. Coma hai dúas décadas fixera o historiador Lourenzo Fernández Prieto con Labregos con ciencia, o libro de Diego Conde desbota a vella idea do atraso do noso sector agrogandeiro, ao tempo que demostra que profesionais como Rof Codina alentaron importantes progresos e melloras técnicas neste eido. Como sinalou onte o autor, a figura de Codina foi a dun «gran divulgador dos adiantos do seu tempo», «Codina foi unha personalidade capaz de conectar co labrego galego e contaxialo para que puxera en marcha a innovación na gandaría.»