Onte 516: Luciña
Dende onte o mundo é un chisco máis xusto. A Cámara dos Comúns aprobou a legalización do matrimonio entre persoas do mesmo sexo en Inglaterra e Gales. Aquela conquista de dereitos cívís da que foron pioneiros os Países Baixos e Bélxica e, en 2005, o primeiro goberno Zapatero, a pesar das fortes resistencias conservadoras, moi especialmente das igrexas, vai estendéndose por Europa e algúns estados americanos. Esta lei británica constitúe un avance importante na conquista da igualdade real, mesmo a pesar das súas carencias, sobre todo no que atinxe aos dereitos das persoas transexuais ou as parellas lésbicas na procura de dereitos reprodutivos non contemplados neste texto. Unha luciña prendida na escuridade europea.