«Rosalía 21»
Hoxe é «Día de Rosalía», conmemoramos o 172 aniversario do nacemento da nosa poeta primeira. Con este motivo aparece Rosalía 21, o libro colectivo de ensaios do proxecto multiartístico coordinado por Anxo Angueira. Un libro ben fermoso para unha data que non debe pasar desapercibida.
Moi curriña a casa nova, parabéns.
Concordo con Mario. Si señor. Eu tamén mudaba, pero esta preguiza…
Parabéns polo cambio. O teu traslado a Blogaliza é unha moi boa nova. Ánimo nesta nova etapa.
¿E saiulle moi cara a mudanza?…
Porque a casa nova é ben chula. 😉
Grazas a todos. O mérito todo é da xente estupenda de blogaliza. Sei que dá preguiza, mais paga a pena apoiar este proxecto.