Rexina Vega, dúas entrevistas
Tras a presentacións de Cardume, hoxe apareceron senllas entrevistas con Rexina Vega (mágoa que a da ANT non se poida enlazar na rede, un problema que debe solucionar o novo diario dixital).
Etiquetas: Rexina_Vega
Tras a presentacións de Cardume, hoxe apareceron senllas entrevistas con Rexina Vega (mágoa que a da ANT non se poida enlazar na rede, un problema que debe solucionar o novo diario dixital).
Manuel Bragado Rodríguez (Vigo, 1959) é mestre, editor e activista cultural. Orientador do CEIP de Laredo e CEIP de Cedeira de Redondela, foi director de Edicións Xerais de Galicia S.A. (1994-2018).
A min perdoádeme, pero cando leo certas cousas non podo máis que pensar que ou os demais botan a lingua a pacer sen pensar moito o que din ou eu estou en Marte e non entendo cousa. Vexamos “a cultura galega ten valor pola súa condición de territorio Tex-mex”??? Supoño que porque facemos fronteira de paso entre Portugal e o Cantábrico. Ou é porque facemos fronteira entre a cultura portuguesa e a castelá? Cando foi iso? Xa está sendo? Ahhh
A Xeración Nós está sobredimensionada e explicar a Risco aos escolares é (arestora) unha barbaridade? poida que teña razón: borramos todo o anterior, canto menos saiban os novos mellor, aprendemos portugués de Lisboa (tamén vale castelán de Madrid) e deixamos o galego como variante local para a folla parroquial. Ah! conservamos o premio Xerais, iso si, porque se a alguén non lle dan o Planeta ou o Camoens (ou o Gouncourt) sempre queda como derradeira opción.
Con Suso de Toro vaise a qualquer lado. 🙂
Eu creo, sen coñecer a Rexina Vega máis alá de tela visto por Vigo, que a redacción do ínclito Óscar Iglesias non é a máis afortunada:
Repasen o texto e vexan:
“Xa pasou o tempo desque González-Millán acoutara as famosas condicións para acreditar nun sistema literario galego, mais outra cousa é definir que tipo de literatura somos. Sobredimensionada, porque o país é pequeno e igual se lle presta demasiada atención a algunhas cousas. Á Xeración Nós no ensino, por exemplo, cando arestora é unha burrada terlle que explicar Risco aos rapaces. E isto convive cunha atención desmadrada polo novo e polo de muller [acenea] nos medios de comunicación e nas esquelas”. Todo esto que supoño deriva dunha conversa máis tranquila acaba en tres titulares sen sentido. Eu non defendo a Rexina Vega, pero creo que convén comprender o contexto xornalístico e ao intermediario neste caso.
De todas formas, non se pode dicir que a Xeración Nós está sobredimensionada?
Estou de acordo con Suroeste. Se Rexina Vega non dixo a “boutade” que lle apoñen na entrevista, mellor que faga por rectificar e aclaralo ben: hai cantidade de plataformas dende onde facelo.
O problema non é se a Xeración Nós está sobredimensionada (eu creo que non), senón o ton totalmente inconsciente e absurdo desa afirmación tan despectiva. A min alármame dicir que sobra Vicente Risco dos programas escolares. Sobra Unamuno, ou Dámaso Alonso?
Buenoooo, menos mal que hai vida en Marte, xa empezaba a estar preocupada porque as entrevistas que se publican dos escritores e escritoras galegos de éxito déixanme co queixo desencaixado. Pregúntome se máis de un/unha non estará sobredimensionándose (e non teño nin idea de quen será a culpa: se do entrevistador, do publiciista, do editor ou deles/delas mesmos).
A xuventude que osada é!
A moitos-as escritores lles dan un premio, as editoriais os envolven en papel de agasallo e lles fan a parafernalia da promocion, o critico de turno amigo lle fai unha boa reseña e…xa!
xa se creen grandes escritores e se comparan cos grandes (aos que lles custou sangue, suor e bágoas o oficio de escribir),e se atreven a mostrarnos o camiño a seguir.
Todo é unha feira. A feira da cultura galega.
Estimado Manuel y potenciales lectores/as
Con absoluta vocación de polémica me dirijo a vosotros en lengua invasora aunque ciertamente universal hoy día, lengua por otra parte utilizada por algunos e nuestros mejores talentos literarios (tan gallegos como el gran Cunqueiro, por ejemplo)y, al parecer de muchos, contraria al sentimiento nacionalista o galleguista, entendido (supongo), básicamente como un sentimiento de amor a la tierra propia y de identificación con unas raíces comunes a quienes lo profesan. Observando el debate que mantenéis en este foro acerca del valor de la Xeración Nós, de clara vocación euopeísta (creo, por otra parte), permitidme una reflexión que es a la vez una búsqueda de opinion por vuestra parte:
Teniendo en cuenta que Don Gonzalo Torente Ballester, Valle-Inclán o el viejo verde de Cela son tan gallegos como Mendez Ferrín, Rosalía o Pondal…Teniendo en cuenta que si juntamos la obra de los escritores gallegos en ambas lenguas del siglo XX tenemos obra más que suficiente para poder presumir (y leer hasta hartarnos), de compartir origen con tan excelsos talentos universales…¿No cabría la posibilidad de que esta tierra y su cultura un tanto desorientadas, con tan poca autoestima como el Portugal que describió Pessoa, que todavía no sabe reconocer sin exclusiones su valía o la inmensa riqueza cultural que supone la posibilidad de compartir y cultivar dos lenguas, sin el integrismo de otros nacionalismos en los que tanto nos miramos (la elitista burguesía catalana o la izquierda alborotada de Euskadi)…?¿No cabría la posibilidad, pregunto…de que esta tierra no sepa ver lo que tiene de grande y generosa, de tolerante, y esté dando palos de ciego mientras la casa-museo de Valle es presa de las telas de araña en Vilanova (por ejemplo), sumida en debates y desencuentros entre unos habitantes, que, hablen como hablen, en realidad comparten objetivos y sombras de un mismo carballo? ¿dejaremos algún día de cuestionarnos qué somos para, sencillamente Ser?
Acepto toda clase de descalificaciones (los interpretaré como un “tal vez”).
Saludos, chicos/as