Respecto para a nosa literatura
Na entrevista de Vieiros Rivas expresa hoxe con moita claridade unha preocupación que compartimos nestas brétemas sobre o enfoque actual da proxección da literatura galega. Esta frase é fulcral:
Creo que o máis importante segue sendo tratar con respecto á literatura no propio país. Sería irreal esperar que os franceses, ou os fineses, ou os norteamericanos desen un trato destacado ás nosas obras se estas obras non teñen ese trato no propio país. Esa é a mellor maneira de proxectar a nosa literatura no exterior.
Como ten, tamén, moita razón cando di:
Ti vas a Irlanda, ou a Islandia, e nos aeroporto xa podes atopar a súa literatura; aquí non sucede iso. En Galiza tampouco as obras galegas ocupan un lugar destacado nas bibliotecas, e nos medios de comunicación galegos a nosa literatura segue a ser algo exótico. Iso si, ás veces o coñecemento fóra dunha obra permite o seu redescubrimento no interior.
Se non pulamos con todas as nosas forzas pola saúde do noso mercado interior do libro (na calidade dos seus produtos e no seu atractivo para o público), se non coidamos con agarimo as nosas bibliotecas pública e librarías culturais, se non visibilizamos a nosa produción nos medios de comunicación galegos, de pouco servirá a voluntariosa presenza de editores, autores e políticos da cultura en feiras do libro internacionais. Estou con Rivas, non hai mellor proxección exterior para a literatura galega que as maiores doses de respecto e de autoestima que consigamos para ela no propio país.
Aí falaches, Manolo. Mais como conseguir iso coa cantidade de xxxxxxxxxx que se dedican á crítica nas páxinas dos xornais galegos. Buscavidas sen talento que disfrutan co seu rol de inquisidores, que xamais saberán o que custa escribir un libro. Comecemos por aí, conquistemos as páxinas críticas, dialoguemos cos autores, sen sentencialos a morte gratuitamente, nin enchelos de soberbia por razóns de estratexia. Fagamos literatura desde a honestidade.
Estou totalmente de acordo con Rivas e é certo que noutros países teñen máis consideración pola súa propia cultura… pero, na actualidade, porque ten respeto a humanidade? O medio-ambiente, o mundo subdesenrolado, polas políticas sociais,…? Non, eu vexo unha humanidade que so respeta ó seu banqueiro, o capital.
K me perdone o Sr Rivas, pero hai comparacions un pouco esaxeradas.Non podemos comparar Galicia con Francia, e moito menos con USA.Non son o mesmo numero de lectores, pareceme a min.
A.Coruñes