Reconquista?
Hoxe é feriado en Sal. Nunca simpaticei coa celebración da Reconquista. A figura do capitán Bernardo González del Valle “Cachamuíña” merecíame apenas o respecto de ser glosada na balada que a el e a María Pita dedicou Siniestro Total (“ron ron la botella de ron…”). O seu suposto heroísmo na anoitecida do 27 de marzo de 1809 desfacendo a machada a porta da Gamboa –canto menos así o relataba en 1810 José Fernández y Neira en Proezas de Galicia, quizais a primeira crónica publicada en galego no século XIX– considereino unha glorificación hiperbólica e mitolóxica, ata extremos delirantes, dun acontecemento que supuxo outro triunfo do pensamento absolutista fronte os valores da Ilustración (liberdade, igualdade e fraternidade) que representaban as tropas francesas invasoras ao mando de Jacques Antoine Chalot.
Non comparto a exaltación de “viguismo cantonalista” de pequena cidade estado que acompañou xeralmente a celebración da data da Reconquista, posición reaccionaria moi pouco acorde co espírito de acollida coa que se foi construíndo a nosa cidade. Nin considero que cómpra facer moito fincapé no heroísmo popular dos nosos devanceiros (mariñeiro Carolo e cego Casimiro incluídos) daquela viliña amurada de seis portas no seu empeño por expulsar as tropas do Mariscal Soult. Nin, moito menos, aproveitar a efeméride para realizar unha exaltación de glorias e enseñas militares doutrora (incluída esa bandeira da media lúa que aparece na foto enarborada o pasado ano Corina ou os pendóns restaurados que se entregarán ao Museo hoxe). Creo que hoxe o sentido desta efeméride do 28 de marzo vai por outros vieiros moito máis pacíficos e esperanzadores: o de que os vigueses e viguesas do século XXI reconquisten o degradado Casco Vello como un espazo identitario de encontro e convivencia. Velaí o sentido que pode e debe ter a Reconquista do futuro.
Paradoxos vigueses, a festa popular non se celebra hoxe, senón o vindeiro domingo. Alguén noutra cidade podería comprendelo?

Eu avogaría por substituir directamente este feriado local polo día de San Xoan (mentres non o fagan feriado nacional) para podermos disfrutar sen problemas da súa véspera.
En canto ao absurdo de celebrar a ‘Reconquista?’ o próximo domingo, alguén precisa de máis proba para concluir que este feriado só serve para prolongar unha SS ou unha FDS.
‘San Casco Vello’ é moi boa idea 😉