Read Galicia
Hoxe preséntase na Feira de Frankfurt Readgalicia o primeiro catálogo de dereitos da edición galega actual. O espazo web (en galego e inglés) permite acceder á información de 169 novidades publicadas por dezanove editoras galegas nos últimos dous anos. De cada título pode consultarse a sinopse, un fragmento do texto e a ficha dos seus dereitos dispoñibles. O catálogo aparece organizado en seis categorías: ficción, infantil, xuvenil, non ficción, poesía e teatro. O deseño da páxina é moi claro e a navegación moi doada e amigable. Readgalicia constitúe un paso de xigante na exportación da literatura e da edición galega. A Consellaría de Cultur e Deporte e a AGE, promotoras da iniciativa, merece as nosas maiores beizóns!
O de publicados nos ultimos dous anos non se cumple en bastantes das obras.
Efectivamente, pode aparecer algunhas obra publicada ou reeditada nos últimos catro anos. Os criterios, se non recordo mal, marcaban ese límite temporal e un número de cinco obras por editorial, ao que se engadían outras dúas por cada cen títulos do seu catálogo vivo. esa é razón por la que Xerais achega 37 (temos 1.600 títulos). A verdade que este é un criterio que non me parece moi acertado, xa que quedan moitas obras fóra daquelas editoras que máis publicamos. Mais croe que o importante é comezar. Claro que a páxina debe mellorar: centrarse máis nos autores (que é o que se exporta) e non nas editoras (coa excepción daquelas que venden produto feito ou edicións concertadas, como Nova galicia, Kalandraka ou OQO); e, sobre todo, ter capacidade de actualización e de información (é incomprensible que non apareza a información das axudas que a Consellaría de Cultura proporciona para a tradución de obras dende o galego).