Quiniela nacionalista
Ian faise eco dunha quiniela sobre os conselleiros e conselleiras do BNG no goberno conxunto. Semella verosímil, xa que equilibraría factores e esperanzas. É innegable que o proceso de formación do novo goberno está sendo nas formas modélico. Con todo, haberá que agardar. A miña intuición agoira algunha sorpresa.
O máis sorprendente é o mutismo, e nos confidenciais andan que botan fume. Todo sexa para mellor.
Perdón por mudar de tema, señor brétemas, pero vai vir você por Coruña durante a Feira do Libro? Dígoo para convidalo a un café, ou viceversa.
Si. Estarei os días 3 e 6 de agosto. O mércores pola mañá traballarei cun autor en Compostela, xantarei con outros dous na Coruña, teño outra entre vista pola tarde e dúas presentacións, primeiro a de Neira e logo a de Xurxo. O sábado, 6, presentamos á noitiña o último libro de Ramiro. Poderiamos quedar, pois, o día 6? Para min sería un pracer coñecelo personalmente. O sábado pasado un amigo común faloume marabillas de vostede.
Perdón, Pawley, sempre me equivoco cos enlaces. Por suposto que este é o noso amigo.
É posíbel que me achegue á presentación do libro de Xurxo Souto, que tamén é coñecido común aínda que el non o saiba (sospeito que isto soa algo raro, pero ten explicación). De todos xeitos, o sábado seis de agosto paréceme perfeito. E xa que vén aproveite a ocasión e vaia ver esta exposición, que parece moi interesante.
Alí estaremos.
Do que se entera un. Xabier P. Docampo é Xabier Puente Docampo. É Ramiro Fonte é o mesmo que Javier Rioyo dixera no “El País” que acudira xunto con outros poetas a chamada do, naquel momento, presidente Aznar para escribir una nova letra para o himno español.
desculpen que volva á quiniela, pawley, brétemas: ningunha me parecerá boa se luís bará non é o conselleiro de cultura.
desculparán vostedes o fanatismo, pero creo que é parvada non botar man da xente que fai as cousas ben.
bará (igual podíase dicir de rego) ten xa experiencia de xestión cultural institucional dende perspectivas nacionalistas. hai moitos máis?
Luis Bará é un grande xestor e político da cultura. Para min sería un grande conselleiro.
E hoxe, 29, don Gustavo P. Docampo sentirase un pouco Sísifo.
Tema destacado de Internacional en La Voz de Galicia: o adeus ás armas do IRA. Artigo de análise do feito: De provisional a definitivo (Miguel Anxo Murado). Idioma: castelán.
Outravolta, una lingua desprazada ou desprezada?
Por suposto, falaba no último comentario de XABIER P. Docampo.