Primeiro orixinal de 2006
Moito piaron por el os comentaristas do Cabaret con motivo do seu aniversario. Esta mañán entregou moi cediño o seu novo libro: un único parágrafo de 34.942 palabras, 204.124 cce, que alzan xa 128 páxinas perfectamente maquetadas. É o primeiro orixinal deste 2006. Lino dunha sentada: magnífico, magnífico…!!!
Perdoe que non comente (mais si celebre polo que supón) a súa entrada, pero non me resisto. Repaso, unha vez máis, as declaracións de vostede recollidas no ABC de hoxe (e as dos restantes entrevistados), e non dou atopado de onde tiraron para titular “Galicia no se toma en serio la propuesta anexionista del BNG”. En todo caso, a opinión maioritaria dos interrogados parecería máis de acordo cun título que viñese a decir que “Galicia no se toma en serio QUE la propuesta del BNG SEA anexionista”.
Para os curiosos:
http://www.abc.es/abc/pg060103/prensa/noticias/Nacional/Politica/200601/03/NAC-NAC-044.asp
Obrigado pola referencia, Mourullo. Non adoito ler ese xornal diariamente. Efectivamente, o titular é desafortunado. Fixen estas declaracións hai máis de quince días e nun contexto xeral sobre a reforma estatutaria. Non teño dúbida que debemos apostar por conseguir un estatuto de nación co maior grao posible de consenso. Se isto non é posible, penso que será mellor agardar para outra coiuntura máis favorable. O meu temor é que en aras dun consenso necesario, se pudiese aceptar un novo marco estaturaio que supuxera escasos avances para o noso autogoberno. Os tres grupos parlamentarios non o van a ter nada doado. Desde a sociedade civil debemos pular para non perder posicións. Reitero o meu agradecemento polos seus comentarios tan atinados. Abrazos e os mellores desexos para o novo ano.
Xa ía sendo hora. Agora so falta que chegue a túa mesa un orixinal do tamén perdido Anibal C. Malvar e a festa xa sería completa. Ou tamén un meu, que carallo !!!.
Agradecido polos cumprimentos. Os mellores desexos tamén para este ano.
Pois, Folerpa, envíeo, que teño grandes referencias súas como narrador.