Primeira lectura

A primeira lectura na Coruña do libro de Rivas resultou magnífica. Marcos Meléndez, acompañado de Gastón Rodríguez, interpretou de forma memorable “Chessman“, o tango do condenado a morte que bordaba Luís Terranova. Tras a lectura por parte de Manolo de catro fragmentos da novela, a harmonía melancólica do serrucho do mestre Viascón pechou un serán emocionante. Volvimos para Vigo entusiasmados.
Foto de Xurxo Lobato
Etiquetas:
2 comentarios
  1. Anonymous
    Anonymous Dice:

    Os libros arden mal… vaia título. Entre os libros-ladrillo do Rivas e os montes que queiman vannos deixar sen madeira nos montes.

  2. Martin Pawley
    Martin Pawley Dice:

    E que bonito foi o acto! Moi ben medido de tempo, e co auditorio da Fundación cheo até riba. A novela ben o merece: LIX aparte, é o mellor que lle sucedeu á literatura galega en moitos, moitos, moitos anos.

Los comentarios están desactivados.