Preparar o té
Hai varios días que leo posts sobre o xeito de preparar o té, un tema que me interesa moito, xa que en casa somos adictos. Hoxe Mr. dot deume outra clave. Nós aprendemos a preparalo en Yorkshire (alí son de “leite fresco e frío despois”), aínda que xa nos dixeran que os máis “pijos” botábano antes.
Para min, a clave está na mestura dos tés e que a teteira sexa de pedra. A nosa mestura preferida (aconsellounola o noso amigo Enrique Macías) son dúas culleradas de Earl Grey e outra de Darjeeling (para a teteira). Acompañar as tazas do serán cunha torrada de marmelada de amorodo ou cun scone abonda para postear, ler un pedazo e logo ir á cama.
Probaremos o de quecer a teteira no microondas, aínda que semella un pouco sofisticado.
Probaremos o de quecer a teteira no microondas, aínda que semella un pouco sofisticado.
Ai, o té e os scones! Abondaría para que a nación deixe o alcoholismo. 😉
Se non o coñece, recoméndolle o te vermello (pu erh). Eu atopo deliciosa unha variedade aromatizada con vainilla. O tomo só, sen sucre nin leite, despois das comidas.
Amáis, o te vermello axudoume a perder case qeu todos os quince quilos que gañara ó deixa-lo tabaco.
Probareino, moito obrigado.
probe o cha branco, sr brétemas. feito coas follas máis tenras da pranta. unha delicia.