Premios nas illas


Illas de san Simón e san Antonio

O venres, antes da reunión dos xurados, estivemos visitando a illa onde o sábado celebraremos o anuncio do ditame dos Premios e a celebración do noso vinte e cinco aniversario. A intervención arquitectónica, promovida por Cultura e concibida por Portela, quedou moi vistosa e semella respectuosa co medio natural e co patrimonio xa construído. Camiñando polo paseo dos buxos impresiona saber que baixo aqueles mirtos se viviron xornadas de alerta e agonía. Teño a convicción que estes Premios, tanto por celebrar neste espazo de beleza desborda como polo contido das intervencións previstas, van ser moi emotivos. Agardo que o tempo nos acompañe (esta é hoxe a miña primeira preocupación).

4 comentarios
  1. acedre
    acedre Dice:

    Ana esta namorada desas illas carregadas de historia e poesia.
    Amin vanme mais as illas de Cortegada e a de Tambo.
    Por certo, sabes se o acceso as Illas de San Simon e publico?.
    Gostarianos visitalas no veran.
    Saudos.

  2. Brétemas
    Brétemas Dice:

    Ata o momento o acceso ás illas non é público. Dependen da Dirección Xeral do Patrimonio da Consellarìa de Cultura. Para realizar alí os premios contamos coa súa autorización. Hai un garda permanente e durante á noite están “protexidas” por cans ceibos. Parece que, unhas vez rematadas as obras de arranxo dos edificios, normalizaríase o seu uso. Supoño que haberá que agardar á formación do novo goberno galego para regular o acceso. Non sei se vai ser posible este verán.
    Verdadeiramente as illas son bonitas de vez. As vistas sobre a ponte de Rande, con Cíes ao fondo, é un espectáculo marabilloso.

  3. acedre
    acedre Dice:

    Gracias pola aclaracion.
    Tenho un poster da ponte de Rande no meu cuarto e parece que e unha foto tirada dende San Simon.
    A ver se pronto deixan visitalas.
    Saudos e gracias outra vez.

Los comentarios están desactivados.