Premios edición 2007, finalistas
Acaban de anunciarse os títulos dos libros finalistas dos Premios da edición 2007 que serán entregados o vindeiro venres na Coruña no transcurso da IIIª Noite da edición.
- Premio Isaac Díaz Pardo ao libro ilustrado 2007: Guía dos mamíferos de Galicia de Baía Edicións; Minimaladas de Xerais; Titiritesa de OQO Editora.
- Premio Lois Tobío ao libro traducido 2007: A odisea de Edicións Rodeira; Cuspirei sobre as vosas tumbas de Faktoría K; O señor Ibrahin e as flores do Corán de Faktoría K; Só silencio me responde de Rinoceronte Editora.
- Premio Ánxel Casal ao Libro do ano 2007: De provincia a nación. Historia do galeguismo político de Xerais; Made in Galiza de Galaxia; Para que serve a Historia de Galicia de Edicións Lóstrego.
- Premio Xosé Neira Vilas ao Libro infantil do ano 2007: Minimaladas de Xerais; O único que queda é o amor de Xerais; Xela volveuse vampira de Baía Edicións.
Durante A noite da edición 2007 serán homenaxeadas tres editoras galegas: A Nosa Terra, Alvarellos editora e La Voz de Galicia.
Etiquetas: Premios_Edición_2007