Peche do VIIº Salón
Hoxe asistín ao peche do VIIº Salón do libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra, onde se fixo unha homenaxe á desaparecida María Victoria Moreno. É un feito indiscutible que esta salón, organizado polo concello, pola ASPG e pola asociación Máislibros, xa está absolutamente consolidado. Gustáronme moito as exposicións e as instalacións, sobre todo a de traballos escolares e a titulada Plantado libros, unha mostra de ilustradores galegos preparada por AGPI.
Os organizadores, un equipo de profesores numeroso e ben cohesionado, non ocultaban a súa satisfacción. Ben a merecen, o seu traballo énchenos a todos de orgullo.
O cartel é de Patricia Castelao, unha marabilla, como todos os traballos que prepara!