Palabras finais
O presidente en funcións non tivo hoxe reparos en citar as gloriosas palabras finais de Sempre en Galiza e en recitar uns versos de Ferrín para convidar aos galegos a “superar ese caduco lirismo”. Tarde piaches, Manuel!
Manuel Bragado Rodríguez (Vigo, 1959) é mestre, editor e activista cultural. Orientador do CEIP de Laredo e CEIP de Cedeira de Redondela, foi director de Edicións Xerais de Galicia S.A. (1994-2018).
Quen o viu e quen o ve! Os anos pasan factura. Se o seu mestre erguese a cabeza…
Ex-Don Manuel saca as túas suxas mans de Castelao e Ferrín.
Por curiosidade, sabe você quais foram os versos de Ferrin que recitou Don’t Manuel?
Eu tamén quero saber cales son eses versos de “caduco lirismo” (creo que Fraga empregou un adxectivo peor).
Coñezo só a noticia da prensa. Ben me gustaría sabelo. Haberá que preguntar a quen asistiu.