Os privilexios da igrexa católica
A próxima pastoral da Conferencia Episcopal, na que se aliña co Partido Popular amosándose contraria a negociación con ETA, reclamando o “recto funcionamento” das institucións democráticas (sic) e na que critica ao que chama “laicismo radical” pola súas posicións sobre a recuperación da memoria histórica (a min gústame máis o termo “republicana”), amosa a prepotencia da igrexa católica e a súa certeza de que no marco político actual non vai a perder nin un ápice dos seus privilexios.
Tras os recentes acordos co goberno de Zapatero sobre o financiamento e a posición morniña dos socialistas sobre o regulamento do ensino da relixión na nova reforma educativa, os bispos saben que os seus privilexios (económicos e educativos) non corren perigo ningún e, obrando en consecuencia, manifestan sen temor as súas posicións políticas máis reaccionarias.
Pregúntome moitas veces a razón pola que estes señores non admiten en España o sistema de financiamento alemán (o da igrexa europea máis poderosa) na que só os cidadáns que se recoñecen católicos (un 50%) pagan un imposto para sufragar o seu culto. Pregúntome, tamén, se é moralmente defendible atacar a política de recuperación da memoria do Goberno (morniña, tamén, e ben afastada dos compromisos que expresara ao inicio da lexislatura) e, ao mesmo tempo, conservar nos muros de tantas igrexas as exaltacións do rancio nacionalcatolicismo: “A los caídos por Dios y por España”?
Está moi claro que estamos aínda moi lonxe dunha secularización da nosa sociedade (ese principio de subtraer do relixioso todas as actividades da vida) e de enarborar a bandeira da liberdade de conciencia (noutras palabras: o laicismo). En definitiva, esta é unha pastoral ben previsible. Hai razóns para queixarse?

Actualización (27-11-2006): Recomendo este texto de Juan: Máis laicismo.
Etiquetas: Igrexa, Secularización
a isto pódeselle engadir as enormes trabas burocráticas para lograr a apostasía de todos aqueles que non eliximos formar parte da súa comunidade. porque Igrexa non somos todos.
Amigo Bretemas
Con todo respecto, é dun mal gusto terrible pór a foto dun bispo, cura ou semellante. A esta panda non se lles pode dar cancha nin para criticalos. O baleiro máis absoluto é o único que merecen. Para mín non existen, as súas opinións danme noxo. Seguro que non é a túa intención, pero faslles un favor acojonante, é o que buscan, que falen deles inda que sexa mal.Prégoche non só que non os volvas citar, senón que saques este pos. Non lles fagas o xogo.
Saúdos.
Estou dacordo co colega Highway no fondo das súas opinións sobre a Igrexa, pero non na solución. Eu creo que hai que poñer de relevo que as opinións que defenden son contradictorias e reaccionarias, e que non representan a ninguén, porque non son escolleitos nin polos seus propios fieis, que na súa maior parte non os secundan.Polo tanto, estas posicións de forza, este presentarse como interlocutores do goberno ou como grupo de presión, están absolutamente fóra de lugar. Pero hai que dicilo. Por suposto que hai que dicilo.
Razón estéticas, moi poderosas, aconsellan ó noso amigo Brétemas a facer desaparecer polo menos a imaxe do sorriso maléfico. Admitamos o comentario como erro involuntario, pero, por favor, danos a ledicia de non ver esa faciana facciosa. E iso que non é cura castrense, porque entón botaba o primeiro pelargón.