Os oitentas de Virxilio

Xa me tarda en poder visitar a exposición antolóxica de Virxilio, inaugurada esta tarde en Compostela. O xenio do Cumial é un dos meus pintores preferidos, sexa polas formas sinuosas das súas mulleres campesiñas e emigrantes, for polas súas paisaxes elementais ou pola potente caligrafía que inmortalizou nas capitulares da Enciclopedia Gallega.

Estes douscentos cadros é unha retrospectiva ben importante. Alí acudiremos.

2 comentarios
  1. Anonymous
    Anonymous Dice:

    Festival Paredes de Coura
    Norte de Portugal
    (cerca de Vigo)
    Entrada geral 70 €

    Agosto

    Dia 15
    Morrissey
    Fischerspooner
    Broken Social Scene
    White Rose Movement
    Madrugada
    Gomez

    Dia 16
    Bloc Party
    Yeah Yeah Yeahs
    Eagles of Death Metal

    Dia 17

    Bauhaus
    The Cramps
    !!! (chk chk chk)
    Shout Out Louds

    Mais nomes a confirmar

    Para informações detalhadas: http://www.paredesdecoura.com

  2. gustavo peaguda
    gustavo peaguda Dice:

    Nesta tarde do mes de xullo tiven a oprtunidade de visitar tres exposicions en Compostela. A primeira co nome Nazon de Breogan. O absurdo e arte contemporanea.Os oitenta de Virxilio. As duas primeiras o meu entender non son esenciais dende o punto de vista estetico ainda que na primeira sempre é un pracer para os ollos repousalos nos carteis de Diaz Baliño,Diaz Pardo e Seoane. a terceira deberia ir todo o mundo a vela pois como di Santiago Lamas “nun tempo de instalacions e de cadros os que lle compren titulos e manifestos para podelos enxergar, a pintura de Virxilio non precisa desas ortopedias”. O visitante enfrentanse sen axuda de anotacions a pintura de Virxilio. Os seus cadros son perolas para os nosos ollos cansos de tanta literatura oficial e non oficial insustancial.

Los comentarios están desactivados.