OQO Editora
Tras o coloquio cos escritores, soubemos do nacemento de OQO editora. Tres rapazas entregaron tarxetas desta nova editora de literatura infantil, con sede en Pontevedra. O novo proxecto, animado por Eva Mejuto (a quen onte botabamos en falta na Feira, ela chegou hoxe), pretende ter listo os seus catro primeiros libros dentro dun mes e medio. O logo da editora e as súas palabras fundacionais son atractivas:
A nada non é espazo baleiro, senón medio de creaciòn de vida. O noso espazo, cheo de ar, está impregnado de sementes, na realidade e na imaxinaciòn. Calquera burato suxire a existencia dunha voz, mais hai unha trampa máis evocadora ca un simple burato redondo: pozo sen fondo ou cráter de volcán, ollo, boca, sol…
Á vista de todos estes posts, que van de Colombia a Ruanda, ten vostede un traballo envexábel.
E non só.
Non me queixo. En realidade, viaxo moito menos ca vostede. Horrorízanme os aeroportos, son os non lugares, os territorios de ninguén. Quizais por iso, é preferible viaxar entre a arañeira. 🙂
Eu nos aeroportos perdo o sentido da hora do día, mesmo que ainda non haxa cambio de hora. Entro, e vexo unha cafetería chea de xente comendo bocatas as dez da mañá e xa estou convencida de que é a hora de xantar…
Saúdos.
Hai Cada
¿Que é iso de OQO?
Non será o Oco que deixaron noutra editora, que din as malas línguas xa hai meses que se resinte, por moita foto do persoal que non para de chupar portadas?