Onte 986: Racha o taboleiro
Os resultados das Europeas racharon o taboleiro. Os partidos considerados sistémicos de cada espazo político sufriron un pao severo do seu electorado. PP e PSOE en todos os territorios, Izquierda Unida na Comunidad de Madrid, o BNG en Galicia, por poñer só tres exemplos. A irrupción de forzas alternativas de esquerda, Podemos en toda España, incluída Galicia, onde apenas conta con implantación, e unha certa consolidación das posicións de AGE, testemuñan a necesidade de novas propostas, novos liderados e novas formas de comunicación política. Non agocho a decepción por outro pésimo resultado do BNG, un síntoma apenas da necesidade da súa refundación, se non quere quedar nas vindeiras municipais nas marxes da irrelevancia. Porén, os resultados en Galicia, onde gaña a esquerda, abren espazo para a esperanza; é posible artellar unha sólida alternativa de esquerda nacionalista capaz de facerlle fronte a un PP que retrocede e desputarlle o sorpasso a un PSOE en claro devalo.
Análise mais que discutível. Perdeu mais votos AGE em termos absolutos que o BNG. Perdeu mais % de votos AGE que o BNG. AGE perdeu o espazo eleitoral e a frescura. Perdeu tamén a batalla ideolóxica. Moi sesgada análise, moi sesgada
Non ver que o do BNG é un desastre, que vai de mal en peor desde as eleccións autonómicas de 2001, e aínda non parou de perder votos, é estar cego. Non eran tan malos os resultados no 2001, non o eran no 2005 porque entraban no goberno, non o eran nas europas de 2009 (xa nin digo as autonómicas), non o eran nas municipais de 2011, nin nas xerais, etc etc. ¡É que non para de perder votos! Referirse a AGE, sencillamente dá igual se os seus resultados son bos ou malos, que en todo caso a consolidan na 3ª praza. O tema é que o BNG vai desaparecendo
E hoxe leo que no barrio de Navia, Podemos gañou as eleccións, no barrio máis novo de Vigo. Que tomen nota os que están satisfeitos dos seus resultados
E fágome unha pregunta. ¿Terá o BNG algún concelleiro en Vigo en 2015?