Onte 96: O caso Urdangarín

A cousa debe ser moi grave cando a Casa real aparta a Urdangarín da Familia real por «mal comportamento». A esta altura a imputación do xenro do rei debe ser xa inevitable. Tras este caso de corrupción económica agóchase o futuro cada vez máis incerto da sucesión. Sabemos que responsabilidades políticas habería que dirimir se, tras a investigación xudicial, se concluíse que outros membros da Casa real estaban ao tanto das actividades de Urdangarín en Palma, antes de que fose nomeado representante de Telefonica para EE.UU e Latinoamérica? O compromiso de apertura dunha era de transparencia e austeridade, anunciados onte polo voceiro da Casa real, constitúen un síntoma dunha doenza da que non coñecemos aínda a súa gravidade. Con todo, haberá que agardar ás declaracións do sucesor sobre o coportamento do seu cuñado. Aí poderían identificarse as claves do caso Urdangarín.

3 comentarios
  1. pilar
    pilar Dice:

    Dende logo vaia unha falla de escrúpulos. E tamén unha falla de luces. Ninguén fixo máis pola volta da república ca este membro advenedizo da familia rela. Aínda que a sua muller, Cristina tamén andaba metida no allo. E os reis, ¿non se sorprendian nin preguntaban de onde saia tanto carto? Unha de duas, ou son cegos de todo ou se fan os tontos por aquelo de disimular.¡Unha vergoña imperdoable, un pegote imborrabel, un descredito total que emporca a familia real!, ¡E parecía un anxeliño! Non se pode creer unha metedura de pata tan garrafal.

    Responder

Dejar un comentario

¿Quieres unirte a la conversación?
Siéntete libre de contribuir

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *