Onte 930: A inxerencia de Rouco
Tras perder a presidencia da Conferencia Episcopal, Rouco non desaproveitou unha das súas derradeiras oportunidades de gloria e convertiuse na estrela mediática do funeral de estado en honra de Adolfo Suárez. Fíxoo como a el sempre lle prestou, expresando nunha patética homilía as súas posicións políticas de extrema dereita. Nunha inadmisible inxerencia política, diante de El-Rei, Rajoy, os ex-presidentes do Goberno, o president actual da Generalitat, entre outros responsables de poderes públicos, referiuse á que considera como «falta de concordia entre españois e comunidades históricas». A ninguén se lle oculta a pretensión de Rouco de abrir así a caixa dos medos, a posición guerracivilista que adoita 13TV, a canle que a Igrexa mantén grazas ás axudas públicas. A homilia de onte de Rouco foi unha viaxe no tempo, un ataque de saudades franquistas e posicións preconciliares e preconstitucionais que el nunca abandonou.
Dejar un comentario
¿Quieres unirte a la conversación?Siéntete libre de contribuir