Onte 828: Indígname
Indígname a lei de Gallardón liquidando o aborto como dereito. Indigname esta lei machista que controla a vida das mulleres. Indígname que as mulleres, coa excepción de se son violadas, non teñan dereito a decidir sobre o seu propio corpo e sobre como orientar as súas vidas. Indígname que médicos e xuristas poidan obrigar a unha muller a ser nai contra a súa vontade. Indígname a hipocresía dos membros deste goberno que impoñen a súa moral ao conxunto dunha sociedade que saben diversa e plural. Indígname que o PP renuncie a gobernar para a maioría social ofrecendo á xerarquía da igrexa católica e aos sectores máis conservadores do seu partido as mulleres como moeda de cambio que oculte a súa xestión económica catastrófica. Indigname que as rapazas máis humildes se expoñan os perigos dos abortos clandestinos. Indigname que outras se vexan obrigadas a saír ao estranxeiro para abortar. Indigname que se criminalice o aborto cando se retiran as axudas a dependencia. Indígname este retroceso social de décadas provocado por unha dereita tan egoísta e hipócrita. Indígname.
Dejar un comentario
¿Quieres unirte a la conversación?Siéntete libre de contribuir