Onte 797: Rosalía negra
Onte presentamos na Libraría Paz de Pontevedra A memoria de choiva de Pedro Feijoo. Foi unha conversa a tres bandas que moito pagou a pena e sempre lembrarei. Mais a que podo recomendar moi vivamente é a magnífica entrevista que o equipo de Galicia por diante do Kiko Novoa mantivo onte con Pedro. Como tamén a primeira e entusiasta anotación da lectura de Gracia Sanctorum, que confesa estivo secuestrada por Feijoo durante a fin de semana, ou estoutra do xornalista Ramón Rozas no seu blog. É unha beizón escoitar a falar a Pedro Feijoo sen complexos da súa intención de ofrecer un best seller en galego e da súa intención de ampliar o perímetro de lectores e lectoras na nosa lingua. Por estas primeiras impresións semella que o narrador vigués volveu conseguir o seu obxectivo que os lectores e lectoras sexan protagonistas principais da súa historia, desta volta a dunha Rosalía negra, rabiosamente moderna, un xeito moi orixinal de celebrar este ano rosaliano.
Dejar un comentario
¿Quieres unirte a la conversación?Siéntete libre de contribuir