Onte 734: Gómez Noya, gran campión!
Javier Gómez Noya gañou onte no Hyde Park londinese o seu terceiro campionato do mundo de Triatlón. Outra proeza heroica do triatleta ferrolán afincado en Pontevedra. Despois de recuperar na bicicleta os segundos perdidos no lago Serpentine, Javi correu durante case dez quilómetros con Jonathan Brownlee, xunto co seu irmán Alistair, un dos seus eternos e nobles rivais, a quen superou nos derradeiros metros nun esprint incrible. Gómez Noya é un dos mellores deportistas galegos da historia, tanto polo seu palmarés coma pola súa actitude deportiva e cívica. Javi é un auténtico home de aceiro con corazón xeneroso, un traballador extraordinario con grande fortaleza psicolóxica, un modelo de esforzo, superación e confianza nas propias posibilidades, un gran campión. Merece os maiores recoñecementos. Beizóns.
Dejar un comentario
¿Quieres unirte a la conversación?Siéntete libre de contribuir