Onte 704: Admirable Rosalía!
A súa vida relatouna co xenio e cos matices precisos o mestre Josito Pereiro. Rosalía Mera merece admiración e respecto por ser capaz de construír dende cero e cos recursos principais do traballo e da creatividade un proxecto empresarial potente como o de Zara. Mais tamén por non ter abandonado nunca nin as súas conviccións de esquerdas nin a memoria da súa orixe humilde do barrio de Monte Alto, tanto antes cando facía as batas de boatiné dos días do tardofranquismo como agora cando xestionaba unha enorme fortuna mobiliaria, promovía empresas de economía social e participaba na industria audiovisual. Coincidimos con ela en diversos actos de presentación de libros. En dúas ocasións recibiunos, acompañada do seu equipo de asesores, no seu despacho da Praza de María Pita, onde ten a sede a Fundación Paideia, Escoitou con moito interese e simpatía as nosas análises e valorou os nosos proxectos. Nunca esquecerei o que aprendimos naquelas xuntanzas. Sei que Mera non foi unha mecenas nin sequera unha filántropa. Abondoulle con ser unha empresaria que, sen suxeitarse a ningún amo nin a ningún home, actuou con criterio propio e responsabilidade social e cívica. Admirable Rosalía!
Dejar un comentario
¿Quieres unirte a la conversación?Siéntete libre de contribuir