Onte 457: Keep Calm and Speak Catalan
campaña a prol da Som Escola está inspirada naqueloutra («Keep Calm and Carry On») que en 1939 o goberno británico deseñou para elevar a moral cidadá en caso dunha invasión alemá, que non chegou a producirse. Máis alá da brincadeira que supón, esta iniciativa (como a de «Gústame o galego») amosan a importancia de utilizar medios publicitarios potentes e orixinais na defensa das nosas linguas e identidades fronte a onda recentralizadora do goberno Rajoy. A imaxinación, a retranca e a ironía son poderosas ferramentas de resistencia cívica pácífica fronte o españolismo conservador que pretende derrubar os consensos forxados nas tres últimas décadas arredor do estatus das nosas linguas. «Keep Calm and Speak Galician», acuñamos nós.
Esta
Dejar un comentario
¿Quieres unirte a la conversación?Siéntete libre de contribuir