Onte 420: Cara o norte
Dedicamos a xornada de santos a facer unha longa viaxe cara a norte. Ao longo de doce horas comprobamos a fiabilidade de LH e a disciplina finesa nos servizos de transporte público. Non hai queixa posible. A Europa luterana funciona. Máis aínda, cando nin notamos a friaxe severa coa calorosa acollida. Case tres días por diante para coñecer algo máis da vida nórdica.
Ditosos os que poden viaxar e, por riba, tan lonxe, porque deles xa é o reino dos ceos. Se non dixese que sinto envexa, sería, ademais dun envexoso, un mentiroso.
Ditosos